RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Os xuvenís Kevin Sánchez e Manu Berrocal incorpóranse hoxe luns á selección española sub-18

Kevin Sánchez (co balón na foto) e Manu Berrocal incorpóranse á concentración española sub-18 hoxe luns 16 de xaneiro para un amigable en Italia este mércores 18 de xaneiro ás 14:30 no Centro Técnico da Federación Italiana de Fútbol en Coverciano.

Ambos os xogadores foron titulares o pasado sábado co Xuvenil A no seu partido ligueiro na División de Honra ante o CD Lugo en Abegondo.

Esta citación supón a estrea como internacional de Manu Berrocal (Sada, 12 de xaneiro de 2005), lateral zurdo no equipo de Manuel Pablo que leva en #ANOSACANTEIRA desde o primeiro ano de benxamíns. Vai pois pola súa décima temporada en Abegondo.

Esta temporada, Kevin Sánchez xa disputou dous amigables ante Suíza na Ciudad del Fútbol de Las Rozas coa Sub-18; mentres que o cadete José Rey gañou coa Sub-16 o Torneo Football Federations Cup, trofeo no que participou tamén outro cadete branquiazul, Pablo García, este coa Sub-15.