RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Óscar Gilsanz admite que o resultado "é un salto grande" pero advirte que "isto é unha carreira de fondo"

Óscar Gilsanz admitiu na sala de prensa de Ipurúa que "cando ganas, e cando ganas nun campo como este contra un rival como a SD Eibar sabe ben".

Lembra que "cando estás a pelexar por saír deses postos preto do descenso 3 puntos son un salto grande pero para a semana temos outro partido e volveremos ter outras sensacións, gañar ou non... Isto é unha carreira de fondo. Hai que ir día a día".

Preguntado polo debutante Zakaria Eddahchouri, o técnico deportivista apuntou que "saíu con moita enerxía, con moitas ganas. Estivo ben na disputa dos balóns aéreos. Foi esa primeira barreira para a saída de balón do Eibar. Está a se adaptar aos poucos e isto no mercado de inverno é xa! Estes minutos vanlle a vir ben tamén".

E sobre a outra incorporación, Denis Genreau, Óscar Gilsanz manifestou que "chegou o venres pola tarde, o sábado adestrou e xa viaxamos. Tamén se irá adaptando e ir traballando con el e con 'Zaka' durante a semana. É outro tipo de futbolista para o mediocampo, é ese xogador de ida e volta, con capacidade para ter o balón e a nivel defensivo ocupar campo para permitir aos nosos medios fabricar o xogo que necesitamos. E cando haxa que pór o mono de traballo traballar como o que máis, xuntarnos se nos temos que xuntar".