RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Óscar Gilsanz: Estamos nun momento no que o equipo necesita seguir crecendo e seguir mellorando

Óscar Gilsanz manifestou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que "estamos nun momento no que o equipo necesita seguir crecendo e seguir mellorando. A vitoria do outro día é importante porque lle dá confianza aos xogadores sobre todo para seguir crendo no que fan".

Advirte que "nos queda moito que mellorar para ser un equipo que compita en calquera situación do partido".

Cualifica de "excepcional o traballo que se fai durante a semana por parte dos xogadores. Por aí é por onde debemos de ir camiñando".

Avisa ademais que ante o CD Covadonga, rival este domingo 1 de outubro no campo Juan Antonio Álvarez Rabanal de Oviedo, "hai que facer moitísimas cousas ben máis aló dos puntos que ten (1 punto). É un equipo que ten un xogo ofensivo con moitísima calidade, con xogadores por dentro con moi bo pé, cun xogo combinativo difícil de contrarrestar para o rival". Por todo iso vaticina un partido "difícil e complicado".

Insiste en que "con balón é un equipo moi efectivo, que ten moitas mobilidades, moitos axustes dentro dese 4-3-3 que sempre propón para desajustar ao rival. O outro día, cun menos, foi capaz de encerrar no seu campo ao Ourense CF. Imos medirnos a un rival que fixo sufrir ao Ourense CF e que tamén nos vai a facer sufrir a nós seguro".

Óscar Gilsanz resalta finalmente que "a implicación dos xogadores que durante a semana están co primeiro equipo é total cando poden xogar co Fabril. Non podemos estar máis satisfeitos con iso. É algo que o xera o propio grupo. Temos un grupo moi bo e nese sentido os xogadores están moi a gusto dentro del".