RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Óscar Gilsanz: "O gol de Ximo é das 2.000 persoas que estaban no campo e das que estaban fóra"

Óscar Gilsanz manifestou na sala de prensa do Estadio Carlos Tartiere que "o gol no desconto de Ximo é un gol das 2.000 persoas que estaban no campo e as que estaban fóra. Hoxe #ANOSAFORZA tivo moito que ver e non nos cansamos de adxectivar á nosa xente. Esta vitoria é deles".

E tamén, segundo engadiu o técnico deportivista, esta vitoria é "do equipo. Viñamos a un campo moi difícil onde había que competir, ter o balón, tentar que o rival non leva a iniciativa no xogo".

Cualifica a vitoria como "moi importante porque o equipo cre que é capaz de competir en calquera campo contra calquera rival e ante un equipo candidato ao ascenso o equipo competiu moi ben, xerou situacións".

Na súa opinión o partido foi "moi igualado" e decidiuse en "pequenos detalles, ese roubo, esa contra, esa fame que ten o equipo, esa ambición tamén de Ximo no último minuto do partido"-

Cre o adestrador branquiazul que o triunfo "reforza o crer no que estamos a facer e a ese grupo, que agora está feliz celebrándoo no vestiario, que traballa moito no día a día e merécese un momento así".

Finalmente Óscar Gilsanz destaca que o Dépor foi capaz de "competir, de igualar, de ter momentos onde tivemos moito balón, onde o rival non saía porque lle superabamos e noutros momentos obrigábanos a meternos máis atrás. Foi un partido moi bonito para os adestradores".

Insiste en buscar "un crecemento do equipo, que cada vez vaia crendo máis, construíndo algo máis grande que o feito dun roubo que acabe con 3 puntos".