RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Outro rifado partido entre Orzán SD Infantil Feminino e SCD Pastoriza cae esta vez ao lado orzanista

Se na primeira parte da temporada os dous duelos entre o Orzán SD Infantil Feminino e o SCD Pastoriza foron para as arteixanas pola mínima, esta vez, en choque correspondente á 5ª xornada na Fase polo Título da Liga Galega, os 3 puntos quedáronllos as orzanistas e tamén por un axustado marcador: 4-3.

Marta Moreno -2- e Naiara Fontenla -2- foron as goleadoras do equipo que dirixe Diego Sánchez.

Con este resultado, o Orzán SD Infantil Feminino suma 6 puntos na 5ª posición do subgrupo.

Orzán SD Infantil Feminino: Aldara Crespo, Noela García, Sofía de la Viuda, Camino Figueiras, Valentina Millón, Martina Vázquez, Sofía Rodríguez, Naiara Fontenla, Eva Ouro, Alma Comesaña e Marta Moreno. Tamén xogaron: Sarai Martínez, Sarai Brenda, Uxía Fariña, Noa Morás e Nadia Bernabé.

A próxima fin de semana, o Orzán SD Infantil volve xogar na Coruña, nesta ocasión ante o EFF Rosalía.

Os resultados do Orzán SD Infantil Feminino nesta Fase Final son os seguintes:

EFF Rosalía 1 - Orzán SD Infantil Feminino 2 (Marta Moreno -2-)
Orzán SD Infantil Feminino 0 - UD Mos 5
Victoria FC 3 - Orzán SD Infantil Feminino 0
Atlético Arousana 7 - Orzán SD Infantil Feminino 2 (Marta Moreno -2-)
Orzán SD Infantil Feminino 4 (Marta Moreno -2- e Naiara Fontenla -2-) - SCD Pastoriza 3