RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Pablo Amo: estamos todos moi amolados

Pablo Amo resumiu o sentir do vestiario deportivista tras a eliminación copeira de onte no Estadio Martínez Valero de Elxe. "Estamos todos moi amolados. Pero o que nos queda agora é o traballo. E gañar partidos para saír deste refacho, empezando polo L

Non cre Pablo Amo que o pecado do Dépor fose a falta de motivación, aínda que si recoñece que eles "saíron máis metidos na eliminatoria que nós". "Que se será bo caer na Copa do Rei para centrarse na liga é algo que se pensa a posteriori. Pero podes estar seguro que ao equipo onte no campo non se lle pasou en ningún momento pola cabeza este razoamento", engadiu. Vaticina o sábado un choque moi complicado ante o Levante: "Seguro que van correr moitísimo".