RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Pachi Dopico entregou ao Club toda a documentación histórica recompilada estes anos

O exconsejero do Deportivo, Pachi Dopico, entregó esta tarde ao Club e á Asociación de Veteranos toda a documentación histórica que ha ido recompilando nos últimos añvos.

Tino Fernández, Presidente do Deportivo; Manuel Ríos Quintanilla, Presidente da Asociación de Veteranos; e Miguel Otero, Presidente da Federación de Penas; ademais do Consello de Administración actual en pleno e do ex Conselleiro Luís Sánchez Doporto acompañaron a Pachi Dopico nunha emocionante rolda de prensa.

Precisamente Tino Fernández abriu o acto e deu a Pachi Dopico as "grazas polo traballo feito, polo traballo que hoxe nos vai a presentar, en nome de todo o deportivismo. Moitas grazas a un gran deportivista como Pachi que nos representou a todos tantas veces, tantos anos. E para nós é unha honra estar aquí con el".

O Presidente deportivista pediu a todos os presentes un aplauso para Pachi Dopico; non sen antes expresar a vontade do actual Consello de Administración de que "toda esa historia, como a que se presentou aquí hoxe, como a que hai na Praza de Pontevedra, véxase e estea ao alcance de todo o deportivismo, nun museo onde teñamos unha parte histórica, combinada cunha parte máis tecnolóxica, máis multimedia; onde podamos combinar o tradicional e o moderno; onde teñamos vídeos, sons... Todo ésto ben tratado, ben clasificado, ben ordenado, ten que estar ao alcance do deportivismo".

Na minuciosa e completa documentación que hoxe doou Pachi Dopico, produto de horas e horas de traballo, apoiouse o Club para organizar e documentar actos por exemplo os do Centenario da entidade.

Consta esta documentación de:

-datos de penas deportivistas: 181 activas na actualidade e 268 xa desaparecidas
-datos de 1.898 persoas (xogadores, Presidentes, Directivos-Conselleiros, adestradores, médicos, ATS-fisioterapeutas, preparadores físicos, utilleros e persoal) que formaron parte do Deportivo desde 1906.
-700 fotografías do primeiro equipo, fóra das tempadas 1913-14, 1916-17, 1917-18 e 1920-21. E ademais fotos de xogadores, adestradores e Presidentes do Club.
-Historia do Deportivo desde a tempada 1906-07 ata a actual, a partir de todas as actas do Club.