RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Paco García Caridade lerá o pregón do Congreso de Penas do Deportivo

O popular xornalista radiofónico galego Paco García Caridade, actual Director de Radio Marca, será o encargado de ler o pregón do Congreso Anual de Peñas do Deportivo que se celebra este próximo fin de semana en N

Xa están a punto todos os preparativos para a gran cita do deportivismo. A Vila de Noia, situada nun das paraxes naturais de referencia en Galicia (a Ría de Muros-Noia), acollerá a décimo cuarta Asemblea da Federación de Penas do Real Club Deportivo, organizada pola Pena Deportivista Berberecho e a Federación de Penas branquiazuis.

Entre os multiples actos previstos destaca a exposición de Trofeos oficiais do Deportivo (Liga, Copa e Supercopa) no Salón de Plenos do Concello de Noia. A Asemblea será ás 12.00 do domingo 2 de agosto no Coliseo Noela, e finalizará cunha comida no Pazo do Tambre a partir das 15.00 horas, xusto despois do pregón a cargo de Paco García Caridade. Haberá actuacións musicais, charangas e verbenas nun fin de semana branquiazul en Noia.