Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa do Dépor Training Center que en LaLiga Hypermotion "o que mellor saiba xestionar o vaivén de emocións, tanto xogadores, Club, afección, vai ter moito feito".
Admite que as dúas derrotas en ABANCA-RIAZOR, ante ANOSAFORZA, "non nos gustan. Animo á afección a ese sufrimento que é longo pero hai que acollerse a el. Faiche ver con perspectiva a realidade".
O técnico deportivista asegura que o partido ante a Real Sociedad B "analizado está. Falado cos xogadores está. Visto está" e lembra que "é moi importante o equilibrio, e máis nun equipo como o noso con tanto talento na parte de arriba. Iso é o que temos que recuperar, un equilibrio que nos dea seguridade atrás e unha pegada arriba".
Do RCD Mallorca, rival este martes 16 de decembro ás 19:00 (Movistar Plus) en ABANCA-RIAZOR en dezaseisavos de final da Copa del Rey, opina que "é un partido de Primera División. Ten un cadro moi amplo, con moitísimos recursos. Calquera xogador que poña na aliñación vainos a esixir moitísimo. Temos que estar atentos e competir o partido con plenitude de garantías".
Explica que os baleares "xuntan moita xente por dentro, con moito talento. Poden coller diferentes alturas os seus laterais. Tes que estar moi axustado na presión, ter controlado cando ameázanche espazos, facerlles dano con balón e tentar estar o máximo tempo en campo rival para ter as nosas oportunidades".
Finalmente Antonio Hidalgo queda de ABANCA-RIAZOR "co empuxe que nos dá en moitos momentos, con toda a xente que nos anima durante os 90 minutos, en especial os Riazor Blues. Fixérono o outro día até o último minuto. É de agradecer".
Anima para este martes a ANOSAFORZA: "Fixemos un gran esforzo por ter a Copa. Démoslle un valor enorme polo que significa para o Club e mañá é un día bonito para poder gozar todos xuntos".
