Xa está en marcha a 3ª edición do DéporCampus Cabreiroá Nadal 2025 en Pontedeume, en colaboración coa SD Eumesa.
O acto de presentación tivo lugar no Concello de Pontedeume e asistiron Bernardo Fernández Piñeiro, Alcalde de Pontedeume; Joshua Dopico, Concelleiro de Deportes; Estefanía Sánchez, Vicepresidenta da SD Eumesa; David Pérez, Responsable de Captación do RC Deportivo en Ferrol; e Sergio Maurente, Corresponsable do Programa Local da RC Deportivo Fundación.
A actividade desenvolverase os días 29, 30 e 31 de decembro de 10:00 a 14:00; e está dirixida a nenos/as entre 6 e 14 anos (nacidos en 2019 a 2012 ambos os incluídos) independentemente do seu nivel de práctica ou experiencia.
Os interesados poden inscribirse nesta ligazón.
Non te perdas xornadas de adestramento e diversión cos adestradores do Real Club Deportivo.
O noso método fomenta valores como o xogo limpo, o respecto polo rival, o esforzo, a solidariedade e a amizade a través do deporte.
Convértete nun mellor xogador, goza das vacacións e quen sabe se nun futuro poderás saltar ao céspede de ABANCA-RIAZOR.
