RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Partidos esta fin de semana en #ANOSACANTEIRA en Asturias, Viveiro, Santiago e A Coruña

Fin de semana viaxeira para #ANOSACANTEIRA, con partidos de pretemporada en Asturias (Oviedo Cup para o Xuvenil B), Viveiro (Memorial Marcos Gómez para o Cadete) e Santiago de Compostela (Fabril).

O único encontro na Coruña será o do Deportivo ABANCA B, o domingo 29 de agosto ás 12:30 no campo de San Pedro de Visma ante á UD Mos, con motivo do Memorial Faraldo. O equipo pontevedrés substitúe ao Tordoia SD, que era o equipo previsto inicialmente pola organización.

O partido do Fabril o pasado mércores 25 de agosto ante a SD Compostela (1-1) serviu para iniciar unha nova semana de pretemporada. Ante o mesmo rival mañá sábado, pero en San Lázaro, Óscar Gilsanz citou aos seguintes xogadores: Brais, Quique Teijo, Manu Berrocal, David Suárez, Dani Barcia, Juan Rodríguez, Iván Guerrero, Mario, Barba, Brais Val, Fabio, Raúl, Nájera, Víctor, Mella, Padín, Juan Cambón, Davo e Javi Sanmartín.

Finalmente, o amigable do Xuvenil A no campo do Viso de Arzúa, previsto para o domingo 29 de agosto, foi suspendido por un caso de COVID-19 no equipo arzuán.

No seu lugar, o cadro branquiazul que dirixe Manuel Pablo recibiu hoxe venres 27 de agosto en Abegondo (campo principal) ao San Tirso SD de Preferente Autonómica. O resultado, que é o de menos a estas alturas de pretemporada, favoreceu ao Xuvenil A (2-0), con goles de Hugo Baldomar e Martín Ochoa.

O calendario de amigables, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira RFEF
FABRIL 1 (Davo) - SD COMPOSTELA 1
SD COMPOSTELA - FABRIL, o sábado 28 de agosto ás 19:00 en San Lázaro (Santiago de Compostela)

Categoría feminina
XVII Memorial Manuel Fernández Faraldo
DEPORTIVO ABANCA B - UD MOS o domingo 29 de agosto ás 12:30 en San Pedro de Visma

Categoría xuvenil
XUVENIL A 2 (Hugo Baldomar e Martín Ochoa) - SAN TIRSO SD (Preferente Autonómica) 0
CSD ARZÚA (3ª RFEF) - XUVENIL A, suspendido

XV Oviedo Cup
Primeira Fase
Sábado 28 de agosto
17:00: XUVENIL B - PERDEDOR DO PARTIDO SPORTING DE GIJÓN / PUENTE CASTRO CF, en Vallobín
20:00: GAÑADOR DO SPORTING DE GIJÓN / PUENTE CASTRO CF - XUVENIL B, en Vallobín
O domingo 29 pola mañá, o terceiro clasificado do grupo xogará a Fase Bronce; o segundo a Fase Prata e o primeiro clasificado a Fase de Ouro. Pola tarde serán as finais.

Categoría cadete
IV Memorial Marcos Gómez
VIVEIRO CF (xuvenil) - CADETE, o sábado 28 de agosto ás 12:00 no Municipal de Viveiro