RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Pasen e vexan... Deportivo 3 - Unión Deportiva Salamanca 0

Sen tregua nin descanso. O Deportivo saíu como unha apisoadora ante a Unión. O fútbol despregado foi de boísima calidade durante o noventa minutos, aínda que desde o corenta e nove o 3-0 puxera a sentenza. A superioridade e a lección de fútbol, como titul

O tres goles souberon a pouco ante a absoluta superioridade branquiazul
LECCIÓN DE FÚTBOL DO DEPORTIVO ANTE O SALAMANCA EN RIAZOR: 3-0

R.C.DEPORTIVO: Jorge; Gustavo, Sredojevic, Martín Lasarte, Sabín Bilbao; Santi Francés, José Ramón, Aspiazu, Fran; Gil e Raudnei.

(...) Dous goles no primeiro cuarto de hora e outras dúas clarísimas ocasións marradas son o mellor resumo dunha primeira parte excelente do conxunto deportivista, a base de agresividade no seu xogo e ambición na área por parte de Gil e Raudnei apoiados polos diablillos de Carreira.

(...) Así, o fraco Gil, ao oito minutos escápase do seu implacable marcador, González Echevarría, e Cervantes ten que empregarse a fondo, aínda que sen poder impedir o gol de Raudnei. Sen apenas reporse do primeiro susto, cinco minutos despois, a portaría charra volve verse perforada, cun gran tanto de José Ramón, que recibiu un balón metido polo seu irmán Fran.

Ían 13 minutos e o Deportivo gañaba xa por 2-0. Os deportivistas estaban lanzados e todo lles saía á perfección. Se non chegaron máis goles foi por auténtico milagre (...).

-Un descanso que non perdoa.

Apenas ían catro minutos da continuación cando Cervantes, ante a presenza de Raudnei nun rápido contragolpe, tivo que saír fose da área a suxeitar o balón coas mans. É falta e cartón amarelo para a meta charro, completando o castigo Sredojevic con outro gran tanto ante a entrega de Gil.

(...) Vai a mais o labor de conxunto dos deportivistas, que onte xa se mostraron moito máis a punto e conexionados que nos encontros anteriores, como dicimos ao principio da crónica, mostrándose esmagadoras na primeira parte e nos inicios da segunda, para despois permitirse vivir un pouco de rendas.