RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Paula Novo: "Poder adestrar todos os días con xogadoras que están ao máximo nivel é unha sorte"

Paula Novo manifestou en rolda de prensa que "traballa todos os días" para debutar en Liga F co Deportivo ABANCA. "Cando chegue a oportunidade estarei preparada para axudar ao equipo no que poida", engade.

A internacional deportivista, que traballa diariamente co primeiro equipo aínda que compite cada fin de semana co filial de Tercera Federación, sostén que "poder adestrar todos os días con xogadoras que están ao máximo nivel é unha sorte para min e para todas as compañeiras que estamos nesa dinámica. Non podemos traballar tan ben co Dépor ABANCA B os plans de partido por non poder estar con elas todos os días pero baixamos con esa enerxía e competitividade que se nos esixe".

De #ONOSODERBI ante o RC Celta de mañá sábado 26 de outubro ás 12:30 en Abegondo admite que "é un partido especial só por ser o primeiro derbi galego. Estamos con moita ilusión polo partido que é e con moitas ganas de que chegue mañá para poder disputalo".

Do conxunto céltico Paula Novo apunta que "é un novo proxecto creado este verán, hai pouco. Ten boas xogadoras. Están a facer bastante ben as cousas, están nunha posición na táboa boa".

Vaticina finalmente "un partido disputado onde teremos que estar concentradas e ser contundentes para levar o partido como nós queremos e poder sacar a vitoria".