O Deportivo da Coruña 2000-2001 presentarase este mércores ante a súa afección no estadio de Riazor ás 20:30 horas. O conxunto branquiazul afronta a súa 31ª tempada en Primeira División, a 10ª consecutiva, como campión de Liga por primeira vez nos seus 94
O acceso á presentación será libre, polo que unha hora antes abriranse as portas das bancadas de Tribuna e Preferencia para que os afeccionados poidan acomodarse nas localidades.
Os seguidores branquiazuis poderán ver ás novas incorporacións deportivistas: Molina, Capdevila, Valerón, Duscher, Emerson, Sampaio, Pandiani e Changui, e os integrantes do Deportivo 99-00, Campión de Liga.