Este mércores ás 20.15 horas saltará ao céspede de Riazor o
primeiro xogador do Deportivo. Así un a un todos os futbolistas que Javier
Irureta ten á súa disposición en Vilalba. Tras saudar aos afeccionados e
pousar para os fotógrafos e cámaras de telev
Gandi, o músico autor do popular himno rockeiro do Deportivo, e a
gaiteira Susana Seivane amenizarán a saída ao campo dos xogadores. Tras o persoal saltará ao campo o corpo técnico (incluídos
médicos, utilleros e fisioterapeutas) e a continuación, os membros do
consello de administración encabezados polo presidente, Augusto César Lendoiro. Unha vez no centro do campo, Fran, capitán do equipo, Javier
Irureta, adestrador, e Augusto César Lendoiro dirixirán unhas breves palabras aos
afeccionados. Concluirá o acto cunha foto de grupo e a continuación, comezará o
quecemento do Deportivo e do O Porto, que se enfrontarán co Trofeo Juan
Acuña en xogo.