Cando faltan quince días para a disputa da final da Copa do Rei, o próximo seis de marzo no Santiago Bernabeu, xa foi presentada o equipamento especial que vestirá o Deportivo da Coruña para este transcendental encontro. O capitán, Fran, pousou na Deporti
No acto o Deportivo mostrou o seu malestar pola filtración, por parte da marca deportiva, do deseño da vestimenta a determinados medios sen consultar co Club.
O equipamento mantén a liña da vestimenta branquiazul tradicional cunha serie de detalles bordados nas mangas como xa se comentou. Ademais, o ribete vermello de pescozo, pantalón e mangas foi substituído por outro azul mariño que contrasta máis co deseño e o pescozo, no canto de camisero, é redondo.
O novo equipamento xa se pode adquirir na Deportienda sita na rúa Manuel Murguía (Baixos do Estadio de Riazor) e desde este mediodía está tamén a disposición de todos os deportivistas a través de internet en www.deportienda.com . Ademais , abriuse unha liña de colaboración co Banco Galego e esta entidade regalará a camiseta a aqueles clientes que abran un caderno con 1.800 Euros.