RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Prezos das entradas de público para o Deportivo-Betis deste domingo en Riazor

Os prezos das entradas de público para o partido que este fin de semana disputan en Riazor o Deportivo e o Betis son os seguintes:

Tribuna Superior, Tribuna Inferior e Tribuna Dianteira: 40 euros
Preferencia Superior: 30 euros
Preferencia Inferior: 20 euros
Preferencia Inferior Lateral: 20 euros
Pavillón Superior: 22 euros
Pavillón Inferior: 20 euros
Maratón Superior: 25 euros
Maratón Inferior: 20 euros
Júnior: 10 euros

O horario da Oficina de Atención ao Socio e Accionista é, de luns a venres, de 10.00 a 13.30 e de 17.00 a 19.30 horas. O sábado abrirán os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor, de 10.00 a 13.30. E o domingo, día do partido, o horario será continuado, tamén nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes, desde as 10.30 ata que arrinque o choque entre coruñeses e sevillanos.