RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Primeira cita mañá venres ante México para Trilli, Noel e Dani Barcia na selección española sub-19

Trilli, Noel e Dani Barcia incorporáronse o pasado luns 30 de agosto á selección española sub-19 nunha citación histórica, non só polo número de Deportivistas, senón por ser futbolistas con case unha década de formación en Abegondo.

Os actuais campións de España están amplamente representados na convocatoria definitiva deste combinado nacional para unha concentración e uns partidos amigables fronte a México do 30 de agosto ao 7 de setembro na localidade alacantina de Alfaz del Pi. Así pois, os tres futbolistas son baixa na segunda xornada de liga en 1ª RFEF, coa visita ao CD Tudelano.

O primeiro deses amigables ante o combinado centroamericano será mañá venres 3 de setembro ás 20:00 horas no Estadio Olímpico Camilo Cano de La Nucía.

Trilli e Noel foron protagonistas en ABANCA-RIAZOR ante o RC Celta B na estrea do Dépor en 1ª RFEF: o primeiro como titular e o segundo como goleador saíndo desde o banco. Pola súa banda, Dani Barcia tamén debutou este verán ás ordes de Borja Jiménez aínda que estas últimas semanas adéstrase co Fabril de Óscar Gilsanz.

O calendario de partidos da selección española sub-19 é o seguinte:

Venres 3 de setembro
20:00: ESPAÑA - MÉXICO, no Estadio Olímpico Camilo Cano (La Nucía)

Domingo 5 de setembro
11:30: ESPAÑA - MÉXICO, no Estadio Guillermo Amor (Benidorm)