RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Primeira sesión de Juan Domínguez co grupo

Juan Domínguez completó esta tarde con normalidade o adestramento do primeiro equipo en Abegondo, o segundo semanal, previa á visita do Levante a Riazor, prevista para o sábado 19 de marzo ás 20.30 horas (Canle + Liga / Abono F&uacute

Os Servizos Médicos agardarán agora ás próximas sesións antes de proceder a confirmar a alta médica do centrocampista coruñés.

Tamén traballaron hoxe co grupo Lux e Juanfran, xa recuperados das súas respectivas molestias físicas (contusión no xeonllo o primeiro e molestias nun sóleo o segundo).

Exercitáronse á marxe Fabricio, Sidnei e Laure, este con unha escordadura do ligamento lateral interno do seu nocello dereito sufrido o pasado sábado no estadio Vicente Calderón.

O adestramento desta tarde foi de alta intensidade, con traballo físico con balón e fútbol en espazo reducido.

Mañá mércores, o persoal está citada ás 10.30 horas na cidade deportiva. Ao finalizar, futbolistas, técnicos e auxiliares gozarán dun asado nas instalacións da cidade deportiva.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variacións por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 16 de marzo
10.30: Adestramento en Abegondo

Xoves 17 de marzo
10.30: Adestramento en Abegondo

Venres 18 de marzo
10.30: Adestramento en Riazor, a porta pechada