RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Primeira sesión de Mario Soriano co grupo no arranque da semana do Dépor

Mario Soriano estreouse esta mañá en Abegondo cos seus compañeiros. O novo xogador deportivista, cedido polo Atlético de Madrid esta temporada, completou con normalidade esta primeira sesión semanal do equipo de cara ao partido ante o CD Tudelano deste domingo 5 de setembro (17:00 horas, Footters).

Trilli e Noel están coa selección española sub-19 xunto a Dani Barcia; e Celso Borges está concentrado con Costa Rica para as primeiras eliminatorias do Mundial de Qatar 2022. Pola súa banda, Valín, Menudo e Diego Aguirre realizaron traballo específico aínda que este último si traballou xa nalgunhas tarefas co grupo; co que avanza na súa recuperación.

Alberto, Yeremay, Davo e Mella foron hoxe mércores 1 de setembro a representación de #ANOSACANTEIRA no primeiro equipo.

Após un quecemento, o corpo técnico 'recibiu' ao cadro cun exercicio de forza con finalizacións. Unha tarefa de posesión e fútbol en espazo reducido con duelos, completaron o traballo sobre o céspede.

Mañá xoves, o Dépor adestrarase en ABANCA-RIAZOR a partir das 10:30, nunha sesión na súa totalidade a porta pechada.