O Dépor realizou este luns 2 o seu primeiro adestramento da semana e do mes de febreiro, previo á xornada de descanso deste martes 3.
Como apuntou Mario Soriano na zona mixta do Estadio Reino de León, "queremos encadear vitorias e facernos fortes en ABANCA-RIAZOR".
O mediocentro deportivista cre precisamente que "o obxectivo pode chegar por ser fortes en casa. Tranquilidade e a seguir".
Lonxe de ABANCA-RIAZOR o Dépor xa é o mellor equipo de LaLiga Hypermotion: 24 puntos en 13 partidos (1.84 de media por partido) fronte aos 21 do Real Racing Clubb en 12 partidos (1.75 puntos por partido).
Os futbolistas titulares ante a Cultural Leonesa o pasado sábado no Estadio Reino de Léon realizaron a activación e pasáronse logo a tarefas de recuperación física, con ximnasio e fisioterapia.
Para o resto dos futbolistas do primeiro cadro houbo un xogo de posición, unha tarefa de finalizacións e fútbol reducido.
"Hai que seguir empuxando, seguir facendo cousas boas en ataque, que as estamos facendo. En defensa ter esa tranquilidade e estar xuntos", apuntou Mario Soriano.
Noé, Bil e Fabi foron os representantes de ANOSACANTEIRA.
O Dépor continuará este mércores 4 ás 10:30 no Dépor Training Center a preparación da seguinte cita ligueira, a visita do Albacete Balompié a ABANCA-RIAZOR prevista para o domingo 8 de febreiro ás 16:15 ( LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas).
O conxunto manchego será o primeiro rival do mes de febreiro, ademais do CD Castellón e a SD Eibar.
