Antonio Hidalgo advertiu na sala de prensa do Estadio Reino de León que "empeza a pasar a segunda volta. Todos os puntos que che vaias deixando son importantísimos para conseguir o obxectivo. Viñamos de competir moi ben a semana pasada a un gran nivel de compromiso e hoxe (por onte) tiñamos que referendalo".
Considera "fundamental" a celebración do gol do triunfo de Yeremay, con todo o equipo na bancada que ocupaba #ANOSAFORZA: "É j... non xogar. Son xogador tamén e seI o que é iso; pero velos enchufados, velos celebrar... Sei que hai momentos nos que cando non xogas pódesche deixar ir. Tentamos ser o máis xustos posibles cos xogadores dentro da inxustiza que ten o fútbol. Doulle moito valor ao de hoxe, ao do outro día porque nos empuxou, defendeu o escudo como facía moito tempo que non vía. Iso denota compromiso. A comuñón con ANOSAFORZA é vital".
O técnico deportivista admite que "non estamos a sumar a cantidade de puntos que nos gustaría. Seguramente hoxe (por onte) non estivemos tan ben como gustaríanos pero na segunda parte volvemos a ter o control do partido. Tivemos ocasións suficientes".
Subliña que "o equipo atopou un camiño. Evidentemente hai rivais que cho poñen complicado como a Cultural Leonesa pero era importante sumar de 3. É o que referenda a idea".
Finalmente Antonio Hidalgo destaca que "a xente que saíu do banco deunos moitísimo. E iso é de recalcar. E 3 puntos importantísimos que nos fan seguir na pelexa".
