RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Primeiro adestramento de Elyse Bennett co Dépor ABANCA

Confirmado a súa fichaxe o pasado luns 3 de febreiro, e após voar a España desde os seus Estados Unidos natal, Elyse Bennett adestrouse esta mañá por primeira vez coas súas novas compañeiras no campo 5 da Cidade Deportiva de Abegondo.

En rolda de prensa, Fran Alonso subliñou que "é unha futbolista que coñezo ben. Tiven a desgraza de enfrontarme a ela. Vainos a dar moitísimo. É unha xogadora moi potente, ten unha zancada espectacular, vai moi ben por arriba... Pode achegarnos moitísimo. Achéganos cousas que o equipo non ten como esa presenza na área, esa altura. Vai ser moi importante para nós".

Lucindo o dorsal 23, a nova atacante branquiazul, que suplirá á lesionada Blessing Nkor, xa ten toda a documentación en regra para, se o técnico considérao oportuno, debutar este domingo 16 de febreiro ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR ante o Atlético de Madrid.