RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Primeiro adestramento do Dépor na mini concentración de Alacante

O Dépor adestrouse esta mañá no Estadio Guillermo Amor en Benidorm, por xentileza da Concellaría de Deportes do seu concello, que trasladou a última hora a un campo anexo a final da Copa de Afeccionados, co visto e prace tamén dos clubs finalistas Pesmarben e Barbateño, para permitir o adestramento aos 19 convocados por José Luis Martí. A mañá rematou precisamente con unha foto de grupo dos 3 equipos.

Foi a primeira sesión do Dépor nesta mini concentración de Alacante, obrigada polo adiamento até o martes 4 de xuño (21:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV) do partido en Elxe previsto inicialmente para esta noite, a consecuencia do falecemento onte sábado de José Antonio Reyes, futbolista do Extremadura UD.

O técnico deportivista dispuxo após un quecemento, uns rondos, un exercicio de centros e remates; e, para concluír, un xogo de precisión con balón.

Todo iso por espazo dunha hora e presenciado nas bancadas por un grupo de afeccionados deportivistas e familiares dalgúns futbolistas do cadro como Pedro Sánchez e Ortolá, orixinarios desta zona do Levante.

Mañá haberá unha nova sesión de adestramento no mesmo escenario a partir das 10:30 h.