RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Primeiros partidos en #ANOSACANTEIRA hoxe venres en Cantabria, Carballo e Gipuzkoa

Unha nova fin de semana de torneos para #ANOSACANTEIRA arrancou hoxe venres en Torrelavega, Carballo e Azpeitia (Gipuzkoa) cos primeiros partidos do San Tirso SD Cadete na XII edición do Trofeo San Bernabé, o Alevín A no Torneo Internacional Ciudad de Carballo e o Fabril FC Alevín na Azpeitia Cup.

Ademais, mañá sábado o Cadete desprázase ao campo da Pelada en Vilagarcía para disputar un torneo amigable, no que terá como rivais iniciais na Primeira Fase ao EFM Concello de Boiro e ao Coruxo FC.

E o Fabril FC Benxamín compite en Paredes de Coura (Portugal) na Coura Cup 2023.

Para o domingo quedan dous torneos máis: a Coura Cup para o Benxamín A e a Revolution Cup para o Fabril FC Benxamín na localidade lusa de Arcos de Valdevez.

Así mesmo, o San Tirso SD Infantil (na foto principal da noticia), que a pasada fin de semana adxudicouse en Tánxer (Marrocos) a IBN Battuta Cup 2023, desprázase á rexión de Bretaña en Francia para participar desde mañá no Tournoi International de Guerlédan na modalidade de fútbol 7.

A maiores, en tres finais houbo representación de #ANOSACANTEIRA:

Onte xoves, o Orzán SD Xuvenil Feminino disputou en ABANCA-RIAZOR ante o Victoria CF B a I edición da Copa da Coruña Feminina.

O título foi para as orzanistas, que gañaron (2-0) con xustiza grazas tamén ao acerto goleador da internacional Lucía Rivas, autora das dúas dianas.

O pasado martes nas Eiroas (Carballo), o Alevín caeu (0-2) co RC Celta na gran final da XIII edición do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.

E no campo da Marola (Mera), o Fabril FC Benxamín, que a pasada fin de semana proclamouse en Polonia subcampión da VII edición da International Steel Cup, perdeu (2-3) co Victoria CF na final do Torneo Delegación e colgouse a medalla de prata.

Finalmente, a orzanista Emma Gandoy está concentrada en Huelva coa selección galega sub-15 na Fase Final Prata de Seleccións Autonómicas.

O rival de Galicia en semifinais hoxe venres foi Castela A Mancha. Emma Gandoy foi titular nun partido que acabou en empate (1-1) e que se decidiu para as galegas na quenda de penaltis: 4-2. 

O domingo 11 de xuño será a gran final ante a Comunidade Valenciana, que apeou a Canarias.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
I edición da Copa da Coruña, final (xoves 8): ORZÁN SD XUVENIL FEMININO 2 (Lucía Rivas -2-) - VICTORIA CF B 0

Categoría cadete
Clasificación final da División de Honra: 1. Cadete, 107 puntos; 2. RC Celta, 97 puntos... 10. San Tirso SD Cadete, 55 puntos...

Torneo Cadete, no campo da Pelada (Faxilde, Vilagarcía)
Sábado 10 de xuño
Primeira Fase
11:00: EFM CONCELLO DE BOIRO - CADETE
16:00: CADETE - CORUXO FC
Os dous primeiros de grupo acceden ás semifinais e o 3º xogará para dilucidar a súa posición no torneo, todo iso a partir das 17:00 horas

XII Torneo San Bernabé, en Cantabria
Primeira Fase
Venres 9 de xuño
SAN TIRSO SD CADETE 7 (Lucas -2- e Miguel de Labra -5-) - LA SALLE 0
Sábado 10 de xuño
11:10: SAN TIRSO SD CADETE - UNIÓN SPORT, en Suances
17:00: SAN TIRSO SD CADETE - BANSANDER, en Suances
Os dous primeiros de grupo pasan a oitavos de final; mentres que o 3º e 4º a unha Fase Prata. Todo iso o domingo 11 a partir das 9:15

Categoría infantil
XIX edición do Tournoi International de Guerlédan (Francia) en fútbol 7
Primeira Fase, en Merdrignac (campo de L'Art des Choix)
Sábado 10 de xuño
9:36: SAN TIRSO SD INFANTIL - ROCHEFORT FC
10:48: SELECTION DU POHER - SAN TIRSO SD INFANTIL
12:00: SAN TIRSO SD INFANTIL - CS MERDRIGNAC
13:30: SAN TIRSO SD INFANTIL - SAINT SEBASTIEN FC
14:42: FC MASSY - SAN TIRSO SD INFANTIL
16:48: FC LORIENT - SAN TIRSO SD INFANTIL
17:42: SAN TIRSO SD INFANTIL - US CHANGE
Os catro primeiros pasan á Fase Prestige mentres que os outros catro á Copa Espoir

Categoría alevín
XIII edición do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, final (martes 6): ALEVÍN 0 - RC CELTA 2

Torneo Internacional Concello de Carballo, nas Eiroas (Carballo)
Primeira Fase
Venres 9 de xuño
PABELLÓN OURENSE CF 2 - ALEVÍN A 2 (Antón Vilariño e Thiago Montes)
ALEVÍN A 1 (Adrián Fernández) - REAL MADRID 4
Sábado 10 de xuño
10:00: ED LUIS CALVO - ALEVÍN A (campo 2)
12:55: ALEVÍN A - BERGANTIÑOS CEN (campo 1)
16:30: FC PORTO - ALEVÍN A (campo 1)
17:40: ALEVÍN A - ATHLETIC CLUB (campo 1)
20:00: RC CELTA - ALEVÍN A (campo 1)
Domingo 11 de xuño
09:30: ALEVÍN A - CD LUGO (campo 1)
Os catro primeiros pasan a semifinais, a partir das 10:40

Azpeitia Cup 2023, en Azpeitia (Gipuzkoa)
Primeira Fase
Venres 9 de xuño
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Manu Sande) - UNIÓ FB JÀBAC TERRASA 0
Sábado 10 de xuño
10:00: FABRIL FC ALEVÍN - ELCHE CF (campo 1)
11:30: FABRIL FC ALEVÍN - CD SANSE (campo 3)
16:30: REAL MADRID - FABRIL FC ALEVÍN (campo 1)
18:30: ALOÑA MENDI KE - FABRIL FC ALEVÍN (campo 4)
Os dous primeiros de grupo pasarán a unha Fase Liga mentres que o terceiro e o cuarto accederán a unha Fase Copa, todo iso o domingo 11 de xuño a partir das 9:00 horas

Categoría benjamín
Coura Cup 2023, en Paredes de Coura (Portugal)
Domingo 11 de xuño
Primeira Fase
09:00: SC COURENSE - BENXAMÍN A (campo 1)
10:40: EF BENFICA CHAFÉ - BENXAMÍN A (campo 2)
13:30: BENXAMÍN A - DESPORTIVO DE RONFE (campo 1)
15:10: BENXAMÍN A - VARZIM SC
Os dous primeiros de grupo e os dous mellores terceiros dos 3 grupos acceden a cuartos de final, todo iso a partir das 16:15

Torneo Delegación, final (martes 6): FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Andrés Valencia e Mateo Cardelle) - VICTORIA CF 3

Coura Cup 2023, en Paredes de Coura (Portugal)
Sábado 10 de xuño
Primeira fase (campo 2)
09:40: ACADÉMICA SPORTING ESMORIZ - FABRIL FC BENXAMÍN
10:40: FABRIL FC BENXAMÍN - CELTA ACADEMY BRAGA
11:40: FABRIL FC BENXAMÍN - OS AFONSINHOS - DIDAXIS
14:20: SC VALENCIANO - FABRIL FC BENXAMÍN
15:20: FABRIL FC BENXAMÍN - SC BRAGA
16:20: OS COKINHAS - FABRIL FC BENXAMÍN
Os 4 primeiros de grupo pasan á Fase Final, que arranca ás 17:05.

Revolution Cup, en Arcos de Valdevez (Portugal)
Domingo 11 de xuño
Primeira Fase
09:25: ATLÉTICO DOS ARCOS - FABRIL FC BENXAMÍN
10:15: FABRIL FC BENXAMÍN - CD NACIONAL
11:05: FABRIL FC BENXAMÍN - CF PORTO
12:45: FABRIL FC BENXAMÍN - SANTIAGO MASCOTELOS FC
Segundo clasificación, os equipos pasarán a unha Segunda Fase para ditaminar a súa clasificación final no torneo, todo iso a partir das 15:00 horas.