RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Proclamas en prol do ascenso na presentación da tempada 1976/77

Ao dez da mañá citouse o persoal, os medios de comunicación e os afeccionados para asistir ao acto de presentación do equipo para a tempada 1976/77. Curiosamente, o Presidente non puidera asistir por estar enfermo, tomando a palabra no seu lugar o Vicepre

?Queremos ascender?, dixo o vicepresidente Ron Fraga.
O DEPORTIVO, EN ACCIÓN

Ao dez da mañá de onte tivo lugar a presentación oficial do Deportivo de face á tempada 1976/77. Os xogadores han ido chegando ao Estadio de Riazor, lucindo todos unha cor morena que nalgúns era máis ben negro. Non hai dúbida de que souberon aproveitar ben as vacacións para tostarse.

(...) Á hora fixada van saíndo polo túnel ao terreo, a totalidade dos xogadores, que son recibidos con moitos aplausos polos numerosos afeccionados que se sitúan na tribuna, nesta mañá de sol e alta temperatura. O campo está en boas condicións a pesar da seca e loce un verde compacto en toda a súa extensión.

Están presentes o Vicepresidente señor Ron Fraga e os directivos señores Calvo García, Arias, Parada e Pereira, asesor relixioso, señor Taboada, Xerente señor Fernández Trigo e o socio número uno, señor Rodríguez Recuncho. Tamén se atopa presente o novo axudante do entrador, e antigo xogador do Deportivo, Sertucha.

Cos xogadores formados en semicírculo, fixo uso da palabra o señor Ron Fraga. O Presidente está lixeiramente enfermo. Comezou dicindo Fraga que do mesmo xeito que hai dúas tempadas correspondíalle a el romper a cinta de saída para a que proximamente vai comezar, ?...todo o anterior pertence xa ao pasado ?dixo-. Agora temos que mirar cara ao futuro e comezar de novo esquecéndonos de todo o demais?. Seguidamente fixo a presentación do novo adestrador Héctor Rial, ao que cualifica de xogador xenial dentro dunha época espléndida do fútbol español, e en especial do Madrid.

(...) ?Hai dous anos ?dixo Ron Fraga- eu presentei ao equipo e entón pedinvos a todos que o Deportivo tiña que loitar polo ascenso a segunda xa que de non conseguilo o futuro do club era moi negro. Entón o ascenso era vital. Eu non quero dicir que esta tempada teñamos que conseguilo ?por encima de todo?, pero si me atrevo a asegurar xa desde agora, que se non se consegue hai que consideralo como un fracaso.?