RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Punto de orde e sacrificio do Deportivo en Anoeta

Foto:Depor Sport Un Deportivo traballador e ordenado sumó un valioso empate (1-1) en Anoeta nun partido que acabó a última media hora xogando cun futbolista menos por expulsión de Evaldo, por dobre amarela. Debutaron na seg

Jesús Vázquez por Abel Aguilar (sancionado) foi a única variación dos técnico Domingos Paciencia respecto ao encontro de Riazor ante o Málaga, o pasado 5 de xaneiro.
 
Pronto se puido ver en San Sebastián a este novo Dépor: ordenado, sacrificado en defensa e rápido nas contras. E cando, polas razóns que sexan, non se pode gañar, hai que puntuar. Ademais, Pizzi eríxese na figura emerxente en ataque, repartindo balóns e marcando goles, como o de Anoeta, no minuto 27, tras unha veloz contra. Segundo tanto consecutivo do internacional portugués, en estado de graza.
 
A Real Sociedade apenas creaba perigo. Un remate de Agirretxe ao pau tras un saque de esquina foi a oportunidade máis clara. Pero Vela igualou o encontro nunha boa acción individual. Unha mágoa porque chegou a escasos segundos do descanso. O mejicano entrou na área e o seu disparo, cruzado, foise lonxe do alcance de Aranzubia.
 
Na segunda metade, con Assunçao por Jesús Vázquez, de novo o Dépor arrincou creando perigo, pero o encontro cambiou de rumbo no minuto 64 por unha rigorosa expulsión de Evaldo, que viu a segunda amarela ao entender o colexiado que dera unha cotenada a un rival nun salto por un balón aéreo. Demasiado castigo para un equipo xogar tantos minutos cun home menos por tan pouco.
 
Domingos reacciona rápido na banda: xunta ao equipo en dúas liñas diante da área, deixa a Nelson, que entrou por Riki, só arriba, e mete a Silvio no lateral zurdo por André Santos. Tocou sufrir aínda que sen pasar demasiados apuros para amarrar un punto que sabe a gloria.
 
Só Vea, que xutou lixeiramente alto no segundo pau un balón colgado desde a banda esquerda do ataque realista, puxo en aprietos a meta de Aranzubia.
 
Real Sociedade: Bravo; Carlos Martínez, Ansotegi, Elustondo, Da Bela; Illarramendi, Rubén Pardo (Chory Castro min, 70), Xabi Prieto; Griezmann, Vea e Agirretxe (Ifrán, min. 78).

Deportivo: Aranzubia; Manuel Pablo, Marchena, Evaldo, Bergantiños; Ze Castro, André (Silvio, min. 66), Gama, Vázquez (Assunçao, min. 56); Pizzi e Riki (Oliveira, min. 65).

Árbitro: Do Cerro Grande (Madrid). Expulsou a Evaldo por dobre amarela no minuto 65. Amoestou por parte do Dépor a Manuel Pablo, Ze Castro e Assunçao.

Goles: 0-1, min.27: Pizzi. 1-1, min.43: Vea.