RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Rafa de Vicente apunta que o obxectivo de hoxe, "ir coñecéndonos e collendo sensacións, está cumprido".

Rafa de Vicente, autor do primeiro gol da Dépor Xira 2021, atendeu aos medios de comunicación no campo da Magdalena de Vilalba.

O mediocentro deportivista admite que "tiven a sorte de facer o gol e trátase de ir collendo sensacións de cara á temporada".

De feito, insiste en que "este partido é para ir coñecéndonos, ir collendo sensacións, collendo ritmo. O obxectivo hoxe está cumprido".

Nos seus primeiros días na Coruña, destaca que "a adaptación está a ser bastante boa. Os compañeiros que estaban aquí o ano pasado estánnolo poñendo fácil. Dentro do Club, o corpo técnico está a facer que nos adaptemos de forma moi rápida. E encima hai moi bo grupo, ou sexa que moi contento".

Agradece ademais a boa climatoloxía deste verán en Galicia, con temperaturas suaves e moitos días nubrados: "Para as pretemporadas é un gustazo ter este tempo. É mellor este tempo que os 40 graos de Málaga ou de Murcia".

Confesa sentirse "ben" esta tarde, neste primeiro partido da Dépor Xira 2021 formando dobre pivote con Álex Bergantiños: "Tentarei adaptarme ao que necesite o míster. Ben de dobre pivote ou máis adiantado xoguei ao longo da miña carreira. Trátase de ir adaptándose ao que necesite o míster".

Rafa de Vicente viu "ben" aos xuvenís de #ANOSACANTEIRA que hoxe debutaron co primeiro equipo (Mella, Noel, Dani Barcia e Yeremay) ademais dos canteiráns que cada día se adestran con Borja Jiménez en Abegondo: "Eles tamén teñen que adaptarse ao fútbol profesional. Estas pretemporadas véñenlles moi ben a eles para ir asentándose e collendo confianza connosco. Hai moi bos xogadores en #ANOSACANTEIRA e estano demostrando nos adestramentos e nos partidos. Hai que darlles tempo, que non é fácil vir desde abaixo e facer as cousas ben e destacar. Hai que darlles un pouquiño de tranquilidade e toda a confianza do mundo".