RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

RCD, a revista para os deportivistas

Nos próximos días sairá á rúa a revista do Deportivo da Coruña, RCD, unha publicación trimestral dirixida fundamentalmente aos socios que inclúe información sobre o conxunto branquiazul, pero tamén sobre a actividade do Grupo Deportivo.

RCD inclúe reportaxes sobre moda, concertos, entrevistas, club de viños... toda a información de interese sobre o Deportivo e tamén sobre lecer en xeral.

A tirada inicial será de 30.000 exemplares dos cales un elevado número farase chegar aos socios deportivistas, non una a cada un deles, senón unha publicación por domicilio -no caso de socios da mesma familia que comparten dirección-.
Así o Deportivo estará aínda máis preto do seu afeccionados pero, sobre todo, dos seus socios.