RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Recolocación socios partidos Dépor-Málaga e Dépor-Elxe

Como nos dous partidos anteriores disputados en ABANCA-RIAZOR, as bancadas de Tribuna (superior e inferior) e Preferencia (superior e inferior) están 100% operativas a nivel de aforamento, polo que ningún dos socios destas bancadas verase afectado.

Os fondos de MARATHÓN E PAVILLÓN presentarán certas RESTRICIÓNS DE ACCESO E PERMANENCIA que afectarán a 755 SOCIOS DE PAVILLÓN SUPERIOR PAR E IMPAR E MARATHÓN SUPERIOR PAR E IMPAR que terán que RETIRAR ENTRADA DE RECOLOCACIÓN para a partidos fronte ao Málaga (domingo 7 de outubro, 18:00 h.) e o Elche (venres 12 de outubro 21:00 h.).

Por tanto, os socios afectados, deberán retirar a súa localidade nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes. Poden consultarse os asentos afectados no seguinte plano e listaxe:

No caso de estar nas listaxes de afectados o socio deberá dirixirse aos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor desde o martes 2 ao venres 12 de outubro (ou o propio domingo 7) para conseguir, presentando o seu abono, unha entrada para os partidos da oitava xornada fronte ao Málaga e a novena contra o Elxe. O horario dos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor é:

De martes 2 a xoves 11 de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h.

Sábado 6 de 10:30 a 13:30

Domingo 7 e venres 12 desde as 11:00 até o inicio do partido.

Para aqueles afeccionados afectados que adoiten acudir en grupo aos partidos, un único socio poderá retirar todas as entradas que desexe en despacho de billetes presentando os carnés correspondentes dos seus acompañantes afectados.

Para estes partidos xa haberá entradas á venda por internet e en despacho de billetes. 

Para calquera incidencia ou necesidade o Real Club Deportivo está a disposición dos seus socios en atencion.deportivista@rcdeportivo.es ou no 981 259 500 (Ext. 1)

As altas e renovacións de socios seguirán tramitándose no horario habitual da Oficina de Atención ao Deportivista de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h.

O Real Club Deportivo quere reiterar a todos os afectados as súas desculpas anticipadas polas molestias causadas nestes dous próximos partidos.