RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Regalando ilusión

Os deportivistas Mauro Silva, César Sampaio e Turu Flores, en representación de todo o persoal branquiazul, acudiron esta tarde ao Centro Español de Novas Profesións onde fixeron entrega de xoguetes novos e usados á Asociación de Axuda aos Nenos do Mundo

Os xogadores levantaron gran expectación no centro, sobre todo á súa chegada cargados de paquetes. Os organizadores do acto e o director do Centro deron a benvida e tiveron palabras de agradecemento para o Club herculino e desexaron o mellor ao deportivismo.

A representante de ANIMUN agradeceu o xesto e o exemplo dos xogadores nun acto tan entrañable e destacou que estaban a regalar ilusión a unha chea de nenos desfavorecidos.

Mauro Silva foi o encargado de falar en nome dos deportivistas e agradeceu xestos tan bonitos para axudar aos máis necesitados, os nenos, e contribuíu, ademais, cunha camiseta de Champions League en representación de todos os compañeiros.
Galería de imaxes