RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Regreso por estrada e recuperación para o Dépor ABANCA mañá luns en Abegondo

Finalizado o choque nas instalacións eibarresas de Unbe, As Nosas emprenden viaxe de regreso en autocar á Coruña.

O cadro que dirixe Irene Ferreras adestrarase de novo na Cidade Deportiva mañá luns 6 de febreiro a partir das 9:00, nunha xornada de recuperación para as titulares este mediodía; e máis intensa para o resto.

A próxima cita en Primeira Federación FutFem para o Deportivo ABANCA será o vindeiro sábado 11 de febreiro ás 12:00 no Municipal de Recasens (Lleida) ante o SE AEM.