Fabril e Real Oviedo Vetusta se repartiron os puntos (1-1) esta tarde en Abegondo, en partido correspondente á 17ª xornada do grupo 1º de Segunda Federación.
Con este resultado, o filial deportivista suma 18 puntos, situado na 13ª posición da táboa.
Alex Alfaro foi a principal novidade da lista de convocados para o partido. Este mediocentro formado na canteira do Elche CF e cuxo último club foi o UD Alzira tamén de Segunda Federación, no que esta temporada xogou 14 partidos e anotou un gol, asinou por dúas temporadas e debutou hoxe coa súa nova camiseta. Relevou a Barba no minuto 59.
Alfaro tamén sabe o que é xogar en Primeira División co conxunto ilicitano, xa que disputou 14 minutos ante o Real Betis o 15 de agosto de 2022.
Ademais desta nova fichaxe, Óscar Gilsanz puido contar ante os carbayones con Jairo, Kevin e por suposto Iano Simão, sen licenza para xogar no Dépor, dos futbolistas que traballan habitualmente co primeiro equipo. Martín Ochoa, lesionado; e Mella e Rubén López, con minutos ante a Real Sociedad B o pasado xoves, estarán mañá luns ás ordes de Imanol Idiakez.
A primeira metade resultou moi parella, con escasas ocasións de gol en ambas as áreas.
Os asturianos adiantáronse no marcador no seu único achegamento con perigo, a través dun saque de esquina que Izan rematou no segundo pau após a prolongación dun compañeiro. Corría o minuto 33.
O Fabril gozou de dúas boas oportunidades: un remate de Thymos cuxo despexe do porteiro Marco estrelouse no pau; e outro de Jairo que a punto estivo de acabar en gol.
Após o descanso, o equipo de Óscar Gilsanz si superou ao seu rival mediante unha acertada presión. O Oviedo Vetusta apenas pisou os dominios de Brais Suárez, tan só nalgún que outro contragolpe solto.
As ocasións sucedéronse para os branquiazuis, como a do empate no minuto 65, tamén á saída dun córner. Iano Simão, un futbolista superior cada día, remata á rede anticipándose á defensa do Real Oviedo Vetusta.
Seguiu apertando o Fabril, xa instalado en campo rival, en busca do triunfo, que puido chegar nun gol anulado por fóra de xogo a Kevin Sánchez. O internacional deportivista recolleu na área en posición antirreglamentaria un rexeite do porteiro Marco a un duro disparo de Marotías.
Ao final dos 90 minutos, empate agridoce posto que o equipo fabrilista mereceu máis na segunda metade.
O vindeiro domingo 14 de xaneiro ás 12:00 o Fabril inicia a segunda volta en Abegondo ante o Real Avilés Industrial.
Fabril: Brais, Marc Lachèvre, Álex Pereira (Puerto, min. 76), Marotías, Iano Simão, Barba (Alfaro, min. 59), Vilán (Álvaro Santamaría, min. 76), Jairo, Nájera, Thymos (Mati Castillo, min. 59) e Kevin (Rubén Fernández, min. 85)
Real Oviedo Vetusta: Marco, Lamine (Darío, min. 57), Óscar, Pelayo, Izan (Nicolás, min. 86), Víctor (Omar, min. 71), Yayo, Mario (Xavier, min. 71), Aimar, Marco e Diego (Ignacio, min. 86)
Goles: 0-1 Izan (min. 33); 1-1 Iano Simão (min. 65).
Árbitro: Jaime Muñoz Moreno, do colexio madrileño. Amoestou a Lamine (min. 16), Marotías (min. 40) e Barba (min. 45); ademais de Óscar Gilsanz (min. 34). Expulsou con vermella directa a Sergio Segura (min. 90), preparador de porteiros do Real Oviedo B.
Incidencias: Partido correspondente á 17ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación disputado en Abegondo.
