RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Resultados da enquisa de hábitos e preferencias do Deportivismo

Como a pasada temporada, o RC Deportivo realizou, coincidindo co arranque da campaña 2022-2023, unha enquisa entre parte da masa social do Club. O Deportivo quere agradecer ás máis de 1.000 persoas participante o seu tempo e achegas a un traballo que permitirá seguir mellorando a relación coas socias e socios, adecuando todas as estratexias de traballo ás demandas e suxestións realizadas polos participantes. Ademais, a todas convidóuselles a participar no sorteo dun agasallo do Dépor: unha camiseta desta temporada, que xa ten no seu poder Antonio Domínguez, após o sorteo realizado mediante a app Sortea2.

Este ano foron xactamente 1.120 as persoas que participaron no traballo, o que supón un erro estatístico do 2,85%. Dos participantes un 83,5% foron homes. Máis da metade atópanse na franxa de entre 35 e 55 anos. Tamén se achega ao 50% (46,9%) o número de participantes que residen na Coruña cidade, aos que hai que sumar un 22,4% na área metropolitana e un 15,4% no resto da provincia.

9 de cada 10 enquisados están activos laboralmente ou estudando, e a metade das persoas participantes contan con estudos universitarios. O 21,7% leva entre 5 e 9 anos con carné do Dépor, o 27,2% entre 10 e 19 anos e máis dun 21% entre dúas e tres décadas. Por encima dos 30 anos de socio sitúanse o 15,5%. Da suma total, o 80% non están asociados a ningunha peña. Do 20% restante a metade a unha da Coruña, o 6,3% a unha de Galicia e o resto a agrupacións con sede fóra da comunidade autónoma.

Practicantes de fútbol (56,7%), running (40,6%) e sendeirismo, montañismo ou escalada (32,7%), ademais do fútbol, os deportivistas seguen baloncesto (69,5%), tenis (63,2%) e hockey sobre patíns (45,8%).

Respecto ao uso de redes sociais crece respecto ao ano pasado en 3,6 puntos o uso de Instagram (58%) e en 4,3 puntos o de Twitter (até o 61,9%). Tamén por encima de 3 puntos porcentuais crece o uso de Tik Tok e en 0,2 o de Twitch. Se obseerva unha lixeira diminución do uso de YouTube en comparación co ano 2021, do mesmo xeito que no caso de Facebook, aliñado coa tendencia xeral respecto desta rede.

A televisión deixa de ser a principal plataforma para seguir ao Dépor e os seus números do ano pasado por encima do 82% sitúan ás redes sociais na cabeza (82,6%), por diante da radio (66,2%) e a prensa especializada en deportes (65,7%). A nivel global de seguimento de fútbol, tamén as redes sociais pasan ao primeiro posto en lugar da televisión que cae ao segundo aínda que practicamente con idéntica porcentaxe entre ambas (77%).

En canto ao coñecemento das marcas e a súa vinculación co Dépor, baixan lixeiramente as porcentaxes de coñecemento que manteñen a Estrella Galicia na cabeza co 95,6%, a ABANCA co 90,6% e o ascenso do patrocinador técnico, Kappa, ao terceiro posto co 33,2% por diante de Cabreiroá (27,7%) e Grupo Regueira (17,5%).

Segundo as respostas dos enquisados, os aspectos aos que atribúen maior satisfacción son:

- Nivel de Coñecemento dos xogadores do primeiro equipo masculino
- Información sobre os partidos (horarios, etc.)
- Comodidade das instalacións de ABANCA-RIAZOR
- Acto entrega insignias 25–50 anos como socios/as do Deportivo
- Proceso de rexistro como persoa socia

Os aspectos aos que se atribúen menor satisfacción son:

  • Habilitación de zonas de aparcadoiro en proximidades de ABANCA-RIAZOR (día de partido)
    - Nivel de coñecemento das xogadoras do primeiro equipo feminino
    - Comunicación por parte dos patrocinadores
    - Horarios dos partidos do primeiro equipo feminino

Aquí podes consultar a enquisa de hábitos e preferencias do Deportivismo 2021