RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADE

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Catro partidos de #ANOSACANTEIRA xogáronse hoxe domingo, deles 3 na Cidade Deportiva, entre os que destacou o choque do Fabril ante o CD Barco.

O filial deportivista pagou moi caro os seus erros defensivos e os 3 puntos voaron de Abegondo (2-3).

O encontro do Xuvenil A (5-0 ao CD Marina Sport) e o do Deportivo ABANCA B (8-0 ao CD Oceja) completaron o calendario de partidos no día de hoxe na Cidade Deportiva.

A vitoria do Cadete A en Sigüeiro (0-3) puxo o punto e final á xornada dominical para as categorías inferiores branquiazuis.

Onte sábado houbo outros 2 partidos en Abegondo (2-0 do Cadete B e 11-1 do Infantil A ao EFM Concello de Boiro) e 1 máis fóra, o do Xuvenil B (0-5 en Nigrán ante o ED Val Miñor B), que estrea así o seu marcador de triunfos na Liga Nacional.

O triunfo (4-0) do pasado venres 27 de setembro do Infantil B sobre o Oza Juvenil SD abriu o calendario de partidos oficiais en #ANOSACANTEIRA.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira División
6ª xornada: FABRIL 2 (Parga e Aarón Sánchez) - CD BARCO 3

Categoría feminina
Primeira Nacional, grupo 1º, 3ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 8 (Patri López -2-, Alba Suárez, Bermúdez, Sara Álvarez, Navia, Sara Piñeiro e Lucía) - CD OCEJA 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 4ª xornada: XUVENIL A 5 (Luque, Mario, Víctor e Sarmiento -2-) - CD MARINA SPORT 0

Liga Nacional, 4ª xornada: ED VAL MIÑOR B 0 - XUVENIL B 5 (Aye, Noel, Añón, Nájera e Padín)

Categoría cadete
División de Honra, 4ª xornada: ED XUVENTUDE DE OROSO 0 - CADETE A 3 (Álex González -2- e Martín Ochoa)

Liga Galega, grupo norte, 4ª xornada: CADETE B 2 (Hugo Matos e Mardones) - EFM CONCELLO DE BOIRO 0

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 4ª xornada: INFANTIL A 11 (Zoe, Guerrero -2-, Óscar -2-, Jorge García -3-, Héctor Beade, Lucas e Memet) - EF LALÍN 1

Primeira Autonómica, grupo 1º, 4ª xornada: INFANTIL B 4 (Óscar -2-, Íker Gil e Xenxo) - OZA JUVENIL SD 0