A longa xornada en #ANOSACANTEIRA desta semana prolongouse desde o pasado xoves 5 a hoxe domingo 8 de decembro.
Quedou para a fin de semana unicamente o partido do Xuvenil A en Santander ante o Atlético Perines (1-1), correspondente á 14ª xornada na División de Honra.
O pasado venres 6, día festivo, disputáronse o groso de partidos: Xuvenil B (4-1 en Abegondo ante o EF Lalín); Cadete B (2-3 no Monte ante o San Tirso SD B); Infantil A (0-6 na Leyma ante o CD Calasanz); e os alevíns e benjamines, na 1ª xornada da Liga Comarcal e a Primeira C que foi suspendida o pasado 23 de novembro polo temporal de choiva e vento que azoutou A Coruña.
E o xoves 5 xogaron e gañaron o Cadete A (8-0 ao Arosa SC); Infantil B (5-9 en Santa María del Mar); e Alevín A (5-1 ao Once Caballeros CF), en partido correspondente á 3ª xornada da Liga Comarcal.
Esta semana non houbo competición ligueira para o Fabril en Terceira División nin para o Deportivo ABANCA B no grupo 1º de Primeira Nacional Feminina.
Os resultados da fin de semana foron os seguintes:
Categoría xuvenil
División de Honra, 14ª xornada: ATLÉTICO PERINES 1 - XUVENIL A 1 (Gonçalo Oliveira)
Liga Nacional, 14ª xornada: XUVENIL B 4 (Nájera -2-, Noel e Padín) - EF LALÍN 1
Categoría cadete
División de Honra, 14ª xornada: CADETE A 8 (Pablo Trigo, Mella, Canales, Diego Gómez, Martín Ochoa -2- e Álex González -2-) - AROSA SC 0
Liga Galega, grupo norte, 14ª xornada: SAN TIRSO SD B 2 - CADETE B 3 (Matos -2- e Nico)
Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 14ª xornada: CD CALASANZ 0 - INFANTIL A 6 (Dani Estévez, Beade -2-, Jorge García -2- e Guerrero)
Primeira Autonómica, grupo 1º, 14ª xornada: SANTA MARÍA DEL MAR 5 - INFANTIL B 9 (Beade -3-, Íker Fernández, Íker Gil, Marcos e Óscar -3-)
Categoría alevín
Liga Comarcal, 3ª xornada: ALEVÍN A 5 (Rubén -2-, Leandro e Pablo -2- ) - ONCE CABALLEROS CF 1
Liga Comarcal, 1ª xornada: CF DUMBRÍA 0 - ALEVÍN A 15 (Leandro -2-, Rubén -3-, Anxo -2-, Janusz -2-, Pablo -2-, Yago -3- e Lucas)
Primeira C, 1ª xornada: IMPERATOR OAR B 1 - ALEVÍN B 9 (Yago Trigo -2-, Mauro, Sergio, Nico, Alberto, Íker, Joaquín e Iago Vázquez)
Categoría benjamín
Liga Comarcal, 1ª xornada: BENXAMÍN A 11 (Raúl -2-, José Quiroga -2-, Javi, Hugo, Iago Lameiro, Pablo Somoza, Pablo Vara, Rodrigo e Martín Forján) - OUTES CF 0
Liga Comarcal, 3ª xornada: BENXAMÍN A - BETANZOS CF, o mércores 11 de decembro ás 18:00 en Abegondo (campo de herba artificial)
Primeira C, 1ª xornada: URAL CF C 1 - BENXAMÍN B 3 (Íker -2- e Hugo)
