RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados da fin de semana en #anosacanteira

Os primeiros partidos amigables desde o pasado xoves para cadetes, infantís, alevíns e benjamines foron a novidade do calendario de partidos en #ANOSACANTEIRA.

Todos estes equipos están á espera do plan de competición exprés que nos próximos días ten previsto presentar a Federación Galega.

En canto ao resto de categorías, que seguen en competición na primeira fase, todos os equipos xogaron lonxe de Abegondo.

No único choque oficial onte sábado, o Xuvenil B impúxose (0-3) na Grela 1 ao Victoria Cf. Os deportivistas amarraron o primeiro posto no subgrupo A de a liga Nacional.

Hoxe domingo, o Fabril non fallou (2-6) na súa visita á Agrupación Estudantil de Santiago. Os fabrilistas pelexan por unha praza entre o seis primeiros do subgrupo A de Terceira División. Adri Castro, que renovou esta pasada semana co Dépor, emulou a Miku no primeiro equipo ao lograr tamén un hat trick.

Pola súa banda, o Deportivo ABANCA B, xa clasificado entre o tres primeiros postos, igualou (2-2) en Vigo ante un Sárdoma CF que sempre foi a remolque no marcador.

Finalmente, o Xuvenil A tombou en Redondela (2-3) ao CD Choco en partido aprazado no seu día por COVID-19 correspondente á 16ª xornada e, a falta dun partido, avantaxa en dous puntos ao RC Celta á fronte da táboa. Por conseguinte, o equipo de Óscar Gilsanz depende de si mesmo para lograr esa primeira praza desta primeira fase da competición.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira División
Subgrupo A, 20ª xornada: AGRUPACIÓN ESTUDANTIL 2 - FABRIL 6 (Pescador, Adri Castro -3- , Juan Cambón e un futbolista rival en propia meta)

Categoría feminina
Primeira Nacional, subgrupo A, 17ª xornada: SÁRDOMA CF 2 - DEPORTIVO ABANCA B 2 (Tati e Andrea Ansede)

Categoría xuvenil
División de Honra, subgrupo A, 15ª xornada: CD CHOCO 2 - XUVENIL A 3 (Nájera, Mario e Quique Teijo)

Liga Nacional, subgrupo A, 16ª xornada: VICTORIA CF 0 - XUVENIL B 3 (Martín Ochoa, Íker Méndez e Kevin)

Categoría cadete
Amigable (xogado o pasado xoves): CADETE A 5 (Martín -2-, Montero, Miguel Segura e Álex Delgado) - VICTORIA CF (xuvenil) 1

Amigable (xogado o venres): CADETE B 3 (Toni, Memet e Bruno) - ATLÉTICO ARTEIXO 1

Categoría infantil
Amigable: INFANTIL A 5 (José Rei -4- e Rubén) - URAL CF 3

Categoría alevín
Amigable: EF LUÍS CALVO 0 0 - ALEVÍN A 16 (Paulo -5-, Iker -2-, Sergio, Trigo -2-, Gael, Alberto, Uxío -2- e Nico -2-)

Amigable: EF LUÍS CALVO B 0 - ALEVÍN B 5 (Raúl -2-, Iago Lameiro, Guille e Hugo)

Categoría benxamín
Amigable: EF LUÍS CALVO 1 - BENXAMÍN A 11 (Íker -3-, Thiago -3-, Leo -2-, Hugo -2- e Yael)

Amigable: EF LUÍS CALVO B 1 - BENXAMÍN B 8 (Álvaro -4-, Iván -3- e Jorge)