RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Dous partidos de #ANOSACANTEIRA xogáronse hoxe domingo 5 de decembro na Coruña, en forma de derbis femininos ante o Victoria CF en Primeira Nacional e Primeira División Galega.

Así, o Dépor ABANCA B caeu na Grela (2-1) cun tanto blanquinegro no minuto 93.

Kevin Cabado, técnico deportivista, non puido contar coas súas dúas goleadoras, Aroa Guerra e Tati, citadas polo primeiro equipo para o seu partido en Torrelavega ante o CDE Racing Féminas no grupo Norte de Reto iberdrola.

Na Torre, o Orzán SD Xuvenil Feminino venceu (3-0). As orzanistas suman con 14 puntos e instálanse no grupo de cabeza do subgrupo A.

En canto ao resto da fin de semana, o partido do Fabril no campo principal de Abegondo ante o Atlético Arnoia, previsto para onte sábado, foi suspendido por un caso positivo de COVID no equipo ourensán. Agora será o Comité de Competición da Federación Galega o que fixe unha nova data unha vez que o permita a situación sanitaria do Atlético Arnoia.

Onte en Abegondo, o Xuvenil B de Liga Nacional impúxose (3-1) ao CD Areosa e mantense na pelexa polo liderado.

Lonxe da Cidade Deportiva competiron o Xuvenil A (0-1 na Grela 1 ante o Ural Español CF), Cadete (1-6 no Municipal Rodríguez Lago 1 ante o CD Lugo) e Infantil (0-7 no campo Río Seco ante o SDCyR Narón O Freixo).

O choque do Xuvenil A foi o último de liga antes de render visita ao Maccabi Haifa no partido de volta da segunda eliminatoria da UEFA Youth League previsto para o mércores 8 de decembro ás 16:00 no Sammy Ofer Stadium de Haifa. Na ida disputada en ABANCA-RIAZOR ante máis de 12.000 persoas, o triunfo foi deportivista: 5-1.

Ademais de onte, os alevíns do Deportivo tiveron o pasado martes 30 de novembro un compromiso amigable en Abegondo, co obxecto de preparar a súa participación no Torneo Gol Media Cup en Cornellá (Barcelona).

Onte sábado, a quenda foi tamén para os benxamíns: o A en Arteixo (0-9) e o Fabril FC Benxamín en Abegondo (3-4) ante o Orillamar SD.

Os alevíns e benxamíns teñen previsto arrancar as súas competicións ligueiras a mediados do mes de decembro.

Finalmente, tiveron parón ligueiro esta semana o Orzán SD Cadete Feminino e o Orzán SD Infantil Feminino na súa respectiva Liga Galega.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira RFEF
14ª xornada: FABRIL - ATLÉTICO ARNOIA, aprazado

Categoría feminina
Primeira Nacional, 12ª xornada: VICTORIA CF 2 - DEPORTIVO ABANCA B 1 (Paula Monteagudo)

Primeira División Galega, subgrupo A, 9ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMININO 3 (Iria Otero e Ana Capelo -2-) - VICTORIA CF B 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 14ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 0 - XUVENIL A 1 (Martín Ochoa)

Liga Nacional, 12ª xornada: XUVENIL B 3 (Kevin -2- e Montero) - CD AREOSA 1

Categoría cadete
División de Honra, subgrupo A, 10ª xornada: CD LUGO 1 - CADETE 6 (Noe -3-, Oreiro, Jorge García e un futbolista rival en propia meta)

Categoría infantil
Liga Galega, subgrupo B, 9ª xornada: SDCyR NARÓN O FREIXO 0 - INFANTIL 7 (Abel, Marcos -2-, Balbas, Hugo e Diego -2-).

Categoría alevín
Amigable de fútbol 7 (xogado o pasado martes): ALEVÍN A 14 (Martín Forján -3-, Raúl -2-, Hugo González, Antón, Gabriel -2-, Pablo Vara, Pablo Somoza, Iago Lameiro -2- e Javier Seoane) - SD ORILLAMAR (infantil) 0
Amigable: SAN TIRSO SD (infantil) 2 - ALEVÍN A 3 (Raúl -2- e Gabriel)

Amigable (xogado o pasado martes): FABRIL FC ALEVÍN 9 (Mario -2-, Thiago Montes -2-, Iker Obeso, Javi Barral, Leo e Hugo Caridad -2-) - CD ESCLAVAS 2
Amigable: BERTAMIRÁNS FC 3 - FABRIL FC ALEVÍN 4 (Hugo Caridad -2-, Mario e Thiago Montes)

Categoría benxamín
Amigable: ATLÉTICO ARTEIXO 0 - BENXAMÍN A 9 (Nacho -2-, Martín López -2-, Jorge Fernández, Álvaro Gómez, Iván Gil, Hugo Luaces e Hugo Pousa)

Amigable: FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Álvaro Rodríguez -2- e Hugo Bujía) - ORILLAMAR SD 4