ANOSACANTEIRA viviu unha nova fin de semana de competición coa satisfacción pola convocatoria esta semana de Elena Vázquez e Lucía Rivas para uns adestramentos da selección española sub-17, de mañá luns 2 ao mércores 4 de outubro na Cidade do Fútbol de Las Rozas (Madrid).
Hoxe domingo o choque destacado da xornada foi a visita do Fabril ao CD Covadonga. Os fabrilistas lograron con claridade o seu primeiro triunfo (0-3) en Segunda Federación fóra de Abegondo e o primeiro en Asturias após os empates anteriores en Avilés e Luanco.
A cruz foi en Gondomar, onde o Dépor ABANCA B caeu pola mínima (1-0) ante o Lóstrego CF.
As branquiazuis non puideron neste partido dedicar o triunfo a Marta Rico, operada esta semana con éxito no Hospital QuirónSalud A Coruña polo traumatólogo Óscar Gayoso dunha lesión no menisco externo do seu xeonllo dereito.
Tamén fóra de casa gañaron o Orzán SD Xuvenil Femenino en Santiago ao Victoria FC B (0-3), o Orzán SD Infantil A Femenino ao Sporting Burgo en Culleredo (0-7) e o Xuvenil B ao Pabellón en Ourense (1-2) en partido este da liga Nacional.
Na Torre, o Orzan SD B sub-16 Femenino igualou (1-1) co Atlético San Pedro, no único partido en #ANOSACANTEIRA que se disputou en campo propio na xornada dominical.
Onte sábado o partido estrela foi o do Xuvenil A en Fragoselo (Vigo) ante o Coruxo FC na División de Honra.
O conxunto de Manuel Pablo logrou unha vitoria contudente (0-5) para afianzar o rumbo na División de Honra xuvenil.
Pola súa banda, en Abegondo gañaron o Cadete, ao mando xa da División de Honra, ao Salgueiriños CF (8-1); e o Infantil ao CD Areosa (6-1).
No conxunto cadete, Íker Fernández, Janusz, Nico Ruiz, Pablo García, Rodrigo e Yago foron citados pola selección galega sub-16 para disputar un partido amigable o vindeiro martes 3 de outubro ás 20:15 no Municipal da Estrada ante o CD Conxo Santiago de Liga Nacional xuvenil.
E no Infantil branquiazul, Iago Varela, Lucas López, Miguel, Nico, Nikolay, Raúl Lema e Sergio Cortizo están citados para un adestramento coa selección galega sub-14 o martes 3 de outubro ás 17:00 en Callobre (A Estrada).
Fóra de casa houbo 3 partidos con representación deportivista: o Orzán SD Infantil B Feminino en Cee (4-1), o San Tirso SD Cadete en Ourense ante o Pabellón (1-1) e o San Tirso SD Infantil en Vigo (2-4) ante o UD Santa Mariña.
No San Tirso SD Cadete, Gael, Mauro e Samba están convocados pola selección galega sub-16 para o citado amigable no Municipal da Estrada.
E no San Tirso SD Infantil Álex Martínez, Antón Vilariño e Hugo Ferreiros participarán no adestramento da selección galega sub-14 na Estrada do martes 3 de outubro.
Finalmente, Alevín A (na foto da noticia), Fabril FC Alevín, Benxamín A e Fabril FC Benxamín, aínda en pretemporada, coparon as finais do Torneo Ribeira Sacra en Monforte de Lemos.
Os resultados da fin de semana foron os seguintes:
Categoría feminina
Tercera Federación FutFem, 4ª xornada: LÓSTREGO CF 1 - DEPORTIVO ABANCA B 0
Primera Autonómica, 3ª xornada: VICTORIA FC B 0 - ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO 3 (Ivana Fernández, Dunia Dahmouni e Nadia Longueira)
Segunda Autonómica, subgrupo 1º, 2ª xornada: ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO 1 (Yanis Citoula) - ATLÉTICO SAN PEDRO 1
Liga Galega, subgrupo 1º, 2ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMENINO 13 (Daniela Macedo -2-, Sofía Rodríguez -2-, Marta Moreno -3-, Candela Fernández, Alexia Freire, Yanis Citoula -2- e Lucía González -2-) - SDC ÓRDENES 0
Liga Galega, subgrupo 1º, 2ª xornada: SPORTING BURGO 0 - ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO 7 (Carolina Lago -3-, Marta Moreno, Nerea Cruz, Uxía Fariña e Claudia Sande)
Liga Galega, subgrupo 1º, 2ª xornada: UC CEE 4 - ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO 1 (Ariana Barros)
Segunda Federación
5ª xornada: CD COVADONGA 0 - FABRIL 3 (Kevin, Diego Gómez e Rubén)
Categoría xuvenil
División de Honra, 5ª xornada: CORUXO FC 0 - XUVENIL A 5 (Álex Delgado, Vilela, Domínguez, Guerrero e un futbolista rival en propia meta)
Liga Nacional, 4ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF 1 - XUVENIL B 2 (Lucas e Rodrigo)
Categoría cadete
División de Honra, 4ª xornada: CADETE 8 (Miguel de Labra -3-, Mosquera, Leandro, Carballeira e Diego) - SALGUEIRIÑOS CF 1
División de Honra, 4ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF 1 - SAN TIRSO SD CADETE 1 (un futbolista rival en propia meta)
Categoría infantil
División de Honra, 3ª xornada: INFANTIL 6 (Picallo, Sergio Cortizo -2-, Antón Caamaño e Miguel) - CD AREOSA 1
División de Honra, 3ª xornada: UD SANTA MARIÑA 2 - SAN TIRSO SD INFANTIL 4 (Gandarela -2- e Yael -2-)
Categoría alevín
I Torneo Ribeira Sacra, no campo Álex Blanco (PP Escolapios), Monforte de Lemos
Sábado 30 de setembro
Primeira Fase
ALEVÍN A 10 (Álvaro Gómez -3-, Rui Fernández -2-, Martín López, Jorge Fernández, Sergio Fernández -2- e David Gómez) - EDC VERÍN 0
CP CALASANCIO B 0 - ALEVÍN A 11 (Rui Fernández -3-, David Gómez -3-, Sergio Fernández -2-, Hugo Macedo, Nacho Villanueva e Jorge Fernández)
ALEVÍN A 15 (Álvaro Gómez -3-, David Gómez -3-, Hugo Luaces -3-, Rui Fernández -2-, Nacho Villanueva -2-, Jorge Fernández e Sergio Fernández) - CENTED ACADEMY 0
Cuartos de final
ALEVÍN A 6 (Sergio Fernández -2-, Nacho Villanueva, Jorge Fernández, Enzo Pose e David Fernández) - CP CALASANCIO A 0
Semifinal
ALEVÍN A 2 (Hugo Luaces e Nacho Villanueva) - OURENSE CF 0
Final
ALEVÍN A 2 (Hugo Macedo e David Gómez) - FABRIL FC ALEVÍN 0
I Torneo Ribeira Sacra, no campo Álex Blanco (PP Escolapios), Monforte de Lemos
Sábado 30 de setembro
Primeira Fase
SD SARRIANA 0 - FABRIL FC ALEVÍN 7 (Alejandro Astray -2-, Íker Ferreiro -2-, Miguel Candal, Hugo Álvarez e Xiao Fontao)
ED CALASANCIO B 0 - FABRIL FC ALEVÍN 12 (Hugo Álvarez, Alejandro Astray -3-, Pablo Sánchez -2-, Hugo Quintela -2-, Nico Pérez -2-, Thiago López e Xiao Fontao)
FABRIL FC ALEVÍN 4 (Miguel Candal, Xiao Fontao, Hugo Álvarez e Hugo Quintela) - ED CALASANCIO A 0
Cuartos de final
FABRIL FC ALEVÍN 13 (Hugo Álvarez -3-, Miguel Candal -3-, Nico Pérez -2-, Alejandro Astray -2-, Hugo Bujía, Pablo Sánchez e Xiao Fontao) - CENTED ACADEMY 0
Semifinal
FABRIL FC ALEVÍN 6 (Xiao Fontao, Pablo Sánchez, Thiago López, Hugo Álvarez, Miguel Candal e Nico Pérez) - CD A PURÍSIMA 0
Final
FABRIL FC ALEVÍN 0 - ALEVÍN A 2
Categoría benjamín
I Torneo Ribeira Sacra, no campo Álex Blanco (PP Escolapios), Monforte de Lemos
Sábado 30 de setembro
Primeira Fase
CD A PURÍSIMA 0 - BENXAMÍN A 5 (Alberto Novo -2-, Mateo Cardelle, Diego Castelo e Adrián Liñares)
ED CALASANCIO A 0 - BENXAMÍN A 9 (Leo Lorenzo -2-, Diego Castelo -2-, Breogán Díaz, Adrián Liñares, Mateo Songo'o, Álex Casado e Antón Fernández)
BENXAMÍN A 13 (Alberto Novo -5-, Leo Lorenzo -2-, Adrián Liñares -2-, Diego Castelo -2-, Álex Casado e Mateo Cardelle) - SD SARRIANA 0
Cuartos de final
BENXAMÍN A 7 (Diego Castelo -2-, Leo Lorenzo -2-, Yago Espasandín, Álex Casado e Alberto Novo) - ED CALASANCIO 0
Semifinal
BENXAMÍN A 6 (Alberto Novo -2-, Leo Lorenzo -2-, Antón Fernández e Diego Castelo) - CD A PURÍSIMA 0
Final
BENXAMÍN A 4 (Leo Lorenzo, Mateo Songo'o, Mateo Cardelle e Alberto Novo) - FABRIL FC BENXAMÍN 2
I Torneo Ribeira Sacra, no campo Álex Blanco (PP Escolapios), Monforte de Lemos
Sábado 30 de setembro
Primeira Fase
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Martín Coronal e Brais Iglesias) - EDC VERÍN 1
ED CALASANCIO B 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 11 (Nicolás Castro -3-, Yoel Losada -3-, Martín Coronel -3-, Brais Iglesias -2- e Leo Galván)
FABRIL FC BENXAMÍN 13 (Leo Galván -3-, Yoel Losada -2-, David Santiago -2-, Martín Coronel -2-, Leo Barros, Brais Iglesias, Pablo Couso e César Lodeiro) - ED CALASANCIO B 0
Cuartos de final
FABRIL FC BENXAMÍN 6 (Nicolás Castro, César Lodeiro, Martín Coronel, Leo Galván, Yoel Losada e Brais Iglesias) - UD OURENSE 1
Semifinal
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Leo Galván) - OURENSE CF 0
Final
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Leo Galván e Yoel Losada) - BENXAMÍN A 4