RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA, con medalla de ouro para o Cadete en Mondariz

Esta fin de semana dous equipos de #ANOSACANTEIRA tiveron un compromiso amigable.

O Fabril disputou onte sábado o seu segundo test da semana, esta vez ante o CD Arenteiro, novo equipo de 2ª RFEF do mesmo xeito que o Bergantiños CF, rival do conxunto de Óscar Gilsanz o pasado mércores. Foron baixa no filial deportivista por problemas físicos Jairo e Mella; ademais do catro futbolistas que están co primeiro equipo: Trilli, Noel, Yeremay e Alberto. O partido acabou en igualada (1-1), despois de adiantarse o CD Arenteiro na primeira metade e empatar David Martínez 'Davo' na segunda.

A novidade en #ANOSACANTEIRA foi a estrea hoxe domingo do Cadete de Darío Cotelo, con motivo do Trofeo MS2 Cup no campo da Lagoa (Mondariz).

O cadro branquiazul logrou unha brillante medalla de ouro no torneo despois de vencer ao RC Celta na final (1-0), con gol de Juan Barros. Os deportivistas son os actuais campións da División de Honra e os célticos, os subcampións.

Finalmente, o partido do Deportivo ABANCA B ante o UD Mos, previsto para o pasado xoves 12 de agosto ás 18:00 no campo das Baloutas, trasladouse ao xoves 19 ás 19:30 horas por precaución, debido a un contacto estreito de COVID-19 no equipo pontevedrés.

E o partido amigable do Xuvenil B ante o Pontevedra CF, que se tiña que xogar onte sábado 14 de agosto no campo de O Monte, foi aprazado. O motivo é un positivo de COVID-19 no vestiario branquiazul, o que obrigou aos Servizos Médicos do Real Club Deportivo a confinar a esta persoa e os seus contactos estreitos tal e como establece o protocolo sanitario.

Os resultados foron os seguintes:

Terceira RFEF
FABRIL 1 (David Suárez) - BERGANTIÑOS CF 3
FABRIL 1 (David Martínez 'Davo') - CD ARENTEIRO 1

Categoría feminina
UD MOS - DEPORTIVO ABANCA B, o xoves 19 de agosto ás 19:30 no campo das Baloutas (Mos)

Categoría xuvenil
XUVENIL B - PONTEVEDRA CF, aprazado

Categoría cadete
Domingo 15 de agosto
Torneo MS2 Cup no campo da Lagoa (Mondariz)

Primeira Fase
CADETE 3 (Lucas Taibo e Adrián Guerrero -2-) - AJ LÉREZ 0
CADETE 3 (Noe Carrillo, Adrián Guerrero e Iraitz) - RÁPIDO DE BOUZAS 0

Semifinais
CADETE A 1 (un futbolista rival en propia meta) - ED XUVENTUDE DE OROSO 0

Final
CADETE A 1 (Juan Barros) - RC CELTA 0