Hoxe domingo 17 de marzo a quenda en #ANOSACANTEIRA foi para os dous filiais.
O Fabril venceu (1-0) en Abegondo á RS Gimnástica de Torrelavega na primeira das finais pola permanencia.
No filial os protagonistas da semana foron Kevin Sánchez, Diego Gómez e Martín Ochoa. O primeiro, decisivo hoxe ao marcar o único tanto do partido, está convocado, do mesmo xeito que David Mella, pola selección española sub-19 para o Mini Torneo Fase Elite que terá lugar en Eslovenia do 17 ao 27 deste mes de marzo.
O atacante fabrilista viaxa nas próximas horas a Madrid antes de desprazarse con todo o equipo mañá luns ao citado país centroeuropeo.
Os rivais de España no torneo son Eslovenia, Kósovo e Austria.
Pola súa banda, Diego Gómez e Martín Ochoa prolongaron a súa vinculación ao Dépor até xuño de 2028. Estas renovacións súmanse ás asinadas nos últimos meses por Mella, Dani Barcia, Brais Suárez, Martín Ochoa e Iano (2026), Yeremay (2026 e un ano máis automático en caso de ascenso a Segunda esta temporada ou a próxima), Kevin e Rubén López (2028), nunha clara mostra da confianza do Club no bo traballo realizado na Cidade Deportiva.
"O camiño que segue o Club é asegurarse a continuidade dos xogadores máis novos. E nese sentido todos estamos contentos de que o camiño sexa ese", manifestou Óscar Gilsanz.
Foi titular Rubén López, que non xogou onte co Dépor ante a CE Sabadell FC en ABANCA-RIAZOR.
Pola súa banda, o Deportivo ABANCA B superou en Mareo (0-2) a outro filial, o Sporting de Gijón B.
No vestiario deportivista foi baixa Elena Vázquez, concentrada coa selección española sub-17 con motivo da Rolda 2 de clasificación para o Campionato de Europa da categoría.
Tamén hoxe domingo, o Xuvenil A, en loita polo título da División de Honra, caeu en Santander ante o Bansander (3-2) con remontada local nos últimos minutos.
No Monte, o San Tirso SD Infantil impúxose ao Victoria CF (2-0) na División de Honra; e o Alevín branquiazul ao San Tirso SD (0-11) no Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.
Os partidos dos 'orzanes' na Torre, o Orzán SD Xuvenil Femenino ante o Sporting Cambre (3-0) e o Orzán SD B sub-16 Femenina fronte ao SDC San Roque (1-1), pecharon a fin de semana.
Onte sábado tiveron cita oficial un total de 9 equipos.
En casa xogaron o San Tirso SD Cadete ante o Arosa SC (1-1 no Monte) e o Orzán SD Infantil B Femenino ante o Victoria FC (0-2 na Torre).
Fóra gañaron tres líderes: o Xuvenil B de Liga Nacional ao Bergantiños CF (0-4), o Infantil de División de Honra ao Pabellón Ourense CF (0-2) e o Orzán SD Cadete Femenino de Liga Galega ao SCD Pastoriza (0-7).
Así mesmo, os dous equipos alevíns e os dous benxamíns arrincaron a Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8.
O formato de competición é de liga todos contra todos a dobre volta. Ao concluír, os 3 primeiros accederán á Fase Intermedia do Campionato Galego.
No Alevín A, Enzo Bértoa, Hugo Macedo, Nacho Villanueva e Iván Gil participaron o pasado mércores coa selección galega sub-12 nun amigable ante o RC Celta de categoría infantil no campo da Madroa (Vigo).
Finalmente, tocou descanso para o Orzán SD Infantil A Femenino posto que na Liga Galega tócalle enfrontarse á Sofán SD, equipo retirado da competición.
O calendario de partidos de #ANOSACANTEIRA abriuno o venres o Cadete, que venceu (1-0) pola mínima en Abegondo ao CD Lugo que dirixe o ex deportivista Diego Seoane.
Os resultados da fin de semana foron os seguintes:
Categoría feminina
Tercera Federación FutFem, 23ª xornada: SPORTING DE GIJÓN B 0 - DEPORTIVO ABANCA B 2 (Sara Cercido e Laura Santos)
Primera Autonómica, 22ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO 3 (Daniela Macedo, Iria Otero e Noe Gómez) - SPORTING CAMBRE 0
Segunda Autonómica, subgrupo 1º, 22ª xornada: ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO 1 (Carmen Espadas) - SDC SAN ROQUE 1
Liga Galega cadete, subgrupo 1º, 22ª xornada: SCD PASTORIZA 0 - ORZÁN SD CADETE FEMENINO 7 (Marta Moreno -2-, Daniela Macedo -2-, Alexia Freire, Sofía Milhem e Sofía Rodríguez)
Liga Galega infantil, subgrupo 1º, 22ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO 0 - VICTORIA FC 2
Segunda Federación
27ª xornada: FABRIL 1 (Kevin Sánchez) - RS GIMNÁSTICA DE TORRELAVEGA 0
Categoría xuvenil
División de Honra, 24ª xornada: BANSANDER 3 - XUVENIL A 2 (Dani Estévez e Guerrero)
Liga Nacional, 26ª xornada: BERGANTIÑOS CF 0 - XUVENIL B 4 (Lucas -2-, Nico Ruiz e Daniel)
Categoría cadete
División de Honra, 24ª xornada: CADETE 1 (Diego) - CD LUGO 0
División de Honra, 24ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 1 (Gael) - AROSA SC 1
Categoría infantil
Amigable (onte mércores): INFANTIL A 3 (Picallo, Álvaro e Nikolay) - SAN TIRSO B (cadete) 1
División de Honra, 22ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF 0 - INFANTIL 2 (Raúl -2-)
División de Honra, 22ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 2 (Gandarela -2-) - VICTORIA CF 1
Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, subgrupo norte, 4ª xornada: SAN TIRSO SD 0 - ALEVÍN 11 (David Gómez -3-, Iván Gil -2-, Nacho Villanueva -2-, Jorge Fernández, Sergio Fernández, Álvaro Gómez e un futbolista rival en propia meta)
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 1ª xornada: ALEVÍN A 15 (Nacho Villanueva -5-, David Gómez -4-, Rui Caamaño -3-, Álvaro Gómez -2- e Hugo Macedo) - ED LUÍS CALVO SANZ 2
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 1ª xornada: SADA CF A 4 - FABRIL FC ALEVÍN 2 (Hugo Álvarez e Miguel Candal)
Categoría benxamín
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 1ª xornada: UD CARRAL 0 - BENXAMÍN A 7 (Alberto Novo -3-, Mateo Songo'o, Álex Casado, Antón Fernández e Diego Castelo)
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 1ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 1 (César Leira) - ED LUÍS CALVO SANZ 0