O triunfo (3-0) do Infantil, líder da División de Honra, ante o CD Lugo, o pasado venres en Abegondo, abriu unha fin de semana cun súper domingo na Cidade Deportiva.
O Fabril, na foto da noticia, volveu empatar (2-2) co Marino de Luanco, co que ambos os equipos seguen igualados na clasificación de Segunda RFEF, pero agora a 23 puntos.
O filial estivo espeso, sobre todo na primeira metade. Kevin e Nájera foron os autores dos goles.
No cadro do Fabril, Quique Teijo e Álvaro Santamaría xogarán cedidos no que resta de temporada no Betanzos CF de Tercera Federación e CD Cayón de Segunda Federación respectivamente.
Así mesmo, Iñaki, que se adestraba estes días co filial, e o Club chegaron a un acordo para a saída do futbolista co obxecto de que así poida iniciar outro proxecto deportivo, para o que o Real Club Deportivo deséxalle moita sorte.
Pola tarde, o Dépor ABANCA B superou (4-1) ao Umia CF e rompeu unha fochanca de resultados en Tercera Federación FutFem que provocara a caída á 3ª praza.
Estiveron dispoñibles Carmen Carballada e Noela, que sentaron onte no banco do Dépor ABANCA e non chegaron a saltar ao terreo de xogo. Lucía Rivas, que xogou a última media hora co primeiro equipo, estivo co filial pero animando desde a bancada.
Paula Monteagudo -2-, Ana Capelo e Sara Cercido foron as goleadoras branquiazuis.
Emma Gandoy, Laura Santos, Noelia Mayo, Ana Capelo, Lucía Rivas, Macarena González e Sara Cercido están convocadas coa selección galega sub-17 a un adestramento o martes 30 de xaneiro ás 17:00 no campo da Braña, en Rois.
Media hora despois, o Xuvenil A enfrontouse ao RC Celta en #ONOSODERBI da zona alta da División de Honra.
Os de Manuel Pablo encaraban o partido após a vitoria (3-1) en Copa del Rey ante a UD Las Palmas do pasado mércores en Abegondo. O seu seguinte rival en cuartos será o Real Mallorca, esta vez lonxe da Cidade Deportiva.
Amin Mustapha regresou onte sábado após o seu paso esta semana pola selección sub-20 de Marrocos con motivo de dous amigables ante Mauritania. O defensor deportivista participou nos dous choques ante os mauritanos, un deles como titular. Hoxe Manuel Pablo optou por deixalo fóra do partido para evitar riscos.
Após 90 vibrantes minutos houbo igualada (3-3) no marcador. Os blanquizules tiveron que remar contracorriente posto que foron por detrás no marcador 74 minutos de 90.
En casa gañaron o Orzán SD Xuvenil Femenino (5-0 ao Escuela FB Amistade con 4 goles de Yanis Citoula), o Orzán SD Infantil A Femenino (7-0 ao Sporting Burgo) e Orzán SD Infantil B Femenino (3-0 ao UC Cee).
Fóra, o Xuvenil B, líder da Liga Nacional, caeu co Pontevedra CF (3-2) nuns fatídicos minutos finais; e o Orzán SD B sub-16 Femenino co Atlético San Pedro (2-1).
As orzanistas Claudia Sande e Daniela Macedo están citadas coa selección galega sub-15 para un adestramento o mércores 31 ás 17:30 no campo da Braña, Rois.
Os infantís branquiazuis Lucas López, Eder Vilas, Daniel López, Nico, Raúl, Roi e Sergio Cortizo participaron coa selección galega sub-14 nun amigable o pasado mércores 24 de xaneiro no campo da Rapeira en Portas ante o Arosa SC; ao que se uniron Antón Vilariño e Hugo Ferreiros do San Tirso SD Infantil.
Onte sábado 27, ademais dos alevíns e do Benxamín A na Torre, xogaron en Abegondo o Cadete ante o ED Val Miñor Nigrán (2-0) e no Monte o San Tirso SD Infantil ante o CD Conxo Santiago (0-3).
Hugo Macedo, Nacho Villanueva, Iván Gil e Rui Caamaño, do Alevín A, están convocados pola selección galega sub-12 para un adestramento este luns 29 ás 16:30 no campo da Braña en Rois.
Os cadetes branquiazuis Rodrigo, Íker Fernández, Nico Ruiz e Miguel de Labra foron citados coa selección galega sub-16 nun amigable o pasado mércores 24 no campo da Rapeira en Portas ante o Arosa SC de División de Honra xuvenil; choque ao que tamén acudiron Mauro, Samba e Gael do San Tirso SD Cadete.
Fóra de casa o San Tirso SD Cadete venceu con claridade ao CD Areosa (0-3) e o Orzán SD Cadete Femenino ao SCD Órdenes (0-11)
Pecha a xornada o mércores 31 o partido do Fabril FC Benxamín en Cambre correspondente ao subgrupo 2º da Primera A Coruña de fútbol 8.
Os resultados da fin de semana foron os seguintes:
Categoría feminina
Tercera Federación FutFem, 17ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 4 (Paula Monteagudo -2-, Ana Capelo e Sara Cercido) - UMIA CF 1
Primera Autonómica, 17ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO 5 (Yanis Citoula -4- e Iria Otero) - ESCUELA FB AMISTADE 0
Segunda Autonómica, subgrupo 1º, 17ª xornada: ATLÉTICO SAN PEDRO 2 - ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO 1 (Sofía Rodríguez)
Liga Galega, subgrupo 1º, 17ª xornada: SCD ÓRDENES 0 - ORZÁN SD CADETE FEMENINO 11 (Daniela Macedo, Sofía Rodríguez -2-, Valeria Montero, Claudia Sande, Naiara Fontela, Sofía Milhem -2-, Yanis Citoula, Marta Moreno e unha futbolista rival en propia meta
Liga Galega, subgrupo 1º, 17ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO 7 (Marta Moreno, Rosalía Valencia, Carolina Lago -3- e Claudia Sande -2-) - SPORTING BURGO 0
Liga Galega, subgrupo 1º, 17ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO 3 (Ariana Barros -3-) - UC CEE 0
Segunda Federación
20ª xornada: FABRIL 2 (Kevin e Nájera) - MARINO DE LUANCO 2
Categoría xuvenil
División de Honra, 18ª xornada: XUVENIL A 3 (Álex Delgado, Noé e Guerrero) - RC CELTA 3
Liga Nacional, 20ª xornada: PONTEVEDRA CF 3 - XUVENIL B 2 (Rubén -2-)
Categoría cadete
División de Honra, 18ª xornada: CADETE 2 (Trillo e un futbolista rival en propia meta) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 0
División de Honra, 18ª xornada: CD AREOSA 0 - SAN TIRSO SD CADETE 3 (Mauro -2- e Pablo Crespo)
Categoría infantil
División de Honra, 16ª xornada: INFANTIL 3 (Picallo, Raúl e Nico) - CD LUGO 0
División de Honra, 16ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 0 - CD CONXO SANTIAGO 3
Categoría alevín
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 12ª xornada: ALEVÍN A 7 (Hugo Macedo -2-, Nacho Villanueva -2-, Brais Martínez, David Gómez y Rui Caamaño) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 1
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 12ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 2 (Hugo Álvarez e Miguel Candal) - VICTORIA CF 1
Categoría benxamín
Primera A Coruña, subgrupo 1º, 12ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 1 - BENXAMÍN A 4 (Adrián Liñares, Diego Castelo, Yago Prieto e Mateo Songo'o)
Primera A Coruña, subgrupo 2º, 12ª xornada: SPORTING CAMBRE - FABRIL FC BENXAMÍN, o mércores 31 de xaneiro ás 18:30 no campo Dani Mallo (Cambre)
