RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina, cun domingo con 3 derrotas

A semana en ANOSACANTEIRA feminina veu marcada pola visita do Athletic B ao Dépor ABANCA B (1-2) este domingo 16 de novembro no campo Arsenio Iglesias.

O Athletic Club B levou as partido grazas un gol no minuto 82.

O vestiario deportivista celebrou iso si a citación de Redru para uns adestramentos coa selección española sub-19 a próxima semana.

Completou a xornada do domingo 16 a derrota do Orzán SD Sub-21 ante o Victoria CF (2-0 no campo Víctor Fernández Alonso) e a do Orzán SD Xuvenil ante o Sporting Burgo (5-6 na Torre).

Con estes resultados, as orzanistas ocupan a 7ª posición da Tercera Federación con 11 puntos e a 13ª praza da Primera Autonómica con 6 puntos.

Antes, onte sábado 15 o Orzán SD Cadete venceu en Narón á SD O Val (0-9), do mesmo xeito que o Orzán SD Infantil A pero na Torre (10-1); e o Orzán SD Infantil B ao Santa Cruz CF (2-0).

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda Federación
10ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 1 (Laura Ruiz) - ATHLETIC CLUB B 2

Tercera Federación
8ª xornada: VICTORIA CF 2 - ORZÁN SD SUB-21 0

Primera Autonómica
9ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL 5 (Carmen Couto -2-, Aldara Ferreira e Daniela Barbanbán) - SPORTING BURGO 6

Liga Galega cadete
7ª xornada: SD O VAL 0 - ORZÁN SD CADETE 9 (Daniela Barbanzán, Alba García -3-, Carmen Folgar, Carmen Couto e Antía Losada -3-)

Liga Galega infantil
Grupo 1º, 7ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A 10 (Vera Melki -3-, Daniela Arrojo -2-, Lara Vázquez -2-, Inés Neira -2- e Lara Gómez) - SD O VAL 1

Grupo 2º, 7ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B 2 (Claudia García -2-) - SANTA CRUZ CF 0