A xornada do domingo 7 de setembro en ANOSACANTEIRA tivo o seu centro de atención no Fabril, que arrincou a Segunda Federación cun contundente triunfo por 3-0 en Abegondo ante o Burgos CF Promesas.
Bil, con dobrete goleador, e Nájera selaron os 3 primeiros puntos para o filial.
Manuel Pablo, na rolda de prensa, afirmou que "estamos a traballar ben todos. Hai moita competencia. Hai xogadores que quedaron fóra da convocatoria, xogadores que non participaron. A partir de aí está o crecemento do equipo. Moitos estiveron noutras etapas connosco. Hai que esixirnos cada domingo e sobre todo non perder esa idea que sempre temos de ser agresivos, presionar alto, tentar xogar..."
Nas Eiroas, o Cadete (na foto inferior) finalizou a primeira edición da Bergantiños Football Cup na 8ª praza.
Así mesmo, o Alevín A, Fabril FC Alevín, Benxamín A e Fabril FC Benxamín disputaron hoxe a Fase Oro do torneo do Narón O Freixo no campo de Río Seco.
O Alevín A foi terceiro e o Benxamín A logrou o título do torneo ao imporse na final ao RC Celta nunha emocionantísima quenda de penaltis: 8-7.
Onte sábado tivo compromiso ligueiro o Xuvenil B (na foto entre o texto) en Abegondo ante o Bertamiráns FC (4-0) e amigable o San Tirso SD Cadete en Rutis ante o Olímpico CF (2-1).
A maiores, o Infantil gañou o Torneo Apertura en Monteporreiro (Pontevedra) e o San Tirso SD Infantil o Memorial David Eiroa en Meicende e Pastoriza.
A fin de semana en ANOSACANTEIRA comezou o pasado venres 5 de setembro co triunfo do Xuvenil A (na foto principal da noticia) por 5-2 en Abegondo ante a SD Compostela.
Os resultados da fin de semana foron os seguintes:
Segunda Federación
1ª xornada: FABRIL 3 (Bil -2- e Nájera) - BURGOS CF PROMESAS 0
Categoría xuvenil
XUVENIL A 5 (Vergara, Lucas, De Labra, Álvaro e Xian) - SD COMPOSTELA 2
Liga Nacional, 1ª xornada: XUVENIL B 4 (Gael, Nico, Antón e un futbolista rival en propia meta) - BERTAMIRÁNS FC 0
Categoría cadete
Martes 2: CADETE 5 (Picallo -2-, Jurgen, José Quiroga e Raúl Lema) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF B (xuvenil) 1
1ª Bergantiños Football Cup, nas Eiroas
Primera Fase
Venres 5 de setembro
CADETE 4 (Picallo -2-, Jurgen e Gabri) - BERGANTIÑOS CF 1
Sábado 6 de setembro
CADETE 0 - REAL SOCIEDAD 2
VALENCIA CF 3 - CADETE 0
CADETE 2 (Gandarela -2-) - ATLÉTICO DE MADRID 3
Domingo 7 de setembro
Posición 7º ou 8º
CADETE 0 - RC CELTA 0. A penaltis: 2-3
Martes 2: SAN TIRSO SD CADETE - URAL ESPAÑOL CF B (xuvenil), aprazado
OLÍMPICO CF (xuvenil) 2 - SAN TIRSO SD CADETE 1 (Asier Valverde)
Categoría infantil
Martes 2: INFANTIL 2 (Iván Gil e Santi Durán) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF B (cadete) 0
14ª edición do Torneo Apertura en Monteporreiro (Pontevedra)
Sábado 6 de setembro
AROSA SC 0 - INFANTIL 2 (Ruy e Yoel Darriba)
INFANTIL 3 (Ruy, David e Uxío Pérez) - EF PORTERO 2000 0
INFANTIL 2 (Aritz e Martín) - RC CELTA 1
Martes 2: CD CONXO SANTIAGO 1 - SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Iago Fernández)
3er Memorial David Eiroa
Sábado 6 de setembro
Primera Fase, en Meicende
CD LUGO 1 - SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Hugo Álvarez)
SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Nico Rodríguez) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0
SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Mateo Cortizas) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 0
VICTORIA CF 0 - SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Mateo Songo'o)
Semifinais
SAN TIRSO SD INFANTIL 0 - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 0. A penaltis: 2-3
Clasificáronse os 'verdes' por infracción do regulamento do club pontevedrés
Final
SAN TIRSO SD INFANTIL 3 (Hugo Álvarez e Mateo Cortizas -2-) - RC CELTA 1
Categoría alevín
Torneo SDCR Narón Freixo en Río Seco (Narón)
Sábado 6 de setembro
Primera Fase
ALEVÍN A 1 (Adrián Liñares) - BERTAMIRÁNS FC 0
ALEVÍN A 8 (Alberto Novo -2-, Adrián Míguez -2-, Jorge Víboras -2-, Saúl Cancela e Mateo Cardelle) - SDCR NARÓN O FREIXO A 0
ALEVÍN A 1 (Leo Lorenzo) - CD AS PONTES 0
Domingo 7 de setembro
Fase Oro
RACING DE FERROL 0 - ALEVÍN A 2 (Adrián Prieto e Saúl Cancela)
ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 1 - ALEVÍN A 1 (Alberto Novo)
ALEVÍN A 1 (Saúl Cancela) - CD QUIRINAL 1
Cuartos de final
ALEVÍN A 0 - CULTURAL LEONESA 0. A penaltis: 3-1
Semifinais
ALEVÍN A 1 (Saúl Cancela) - RC CELTA 2
Terceiro e cuarto posto
ALEVÍN A 7 (Diego Castelo -3-, Jorge Víboras -2-, Enzo Fernández e Adrián Míguez) - SC BRAGA 0
Torneo SDCR Narón Freixo en Río Seco (Narón)
Sábado 6 de setembro
Primera Fase
RACING DE FERROL 0 - FABRIL FC ALEVÍN 4 (César Leira, Martín Coronel, Leo Barro e Manu Parada)
FABRIL FC ALEVÍN 5 (Brais Iglesias -2-, Leo Galbán, Nico Castro e Mateo Pastorín) - ATLÉTICO ARTEIXO 0
FABRIL FC ALEVÍN 12 (Manu Parada -3-, Nico Castro -3-, Leo Galbán -3-, Marco Dios, Joel Losada e Leo Barro) - CF OZA CESURAS 0
Cuartos de final
FABRIL FC ALEVÍN 0 - SC BRAGA 2
Domingo 7 de setembro
Fase Ouro
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Gael) - BERTAMIRÁNS FC 1
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Gael) - CD CALASANZ 0
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Martín Coronel e Leo Galbán) - RC CELTA 0
Categoría benxamín
Torneo SDCR Narón Freixo en Río Seco (Narón)
Sábado 6 de setembro
Primera Fase
BENXAMÍN A 3 (Xosé Varela, Tomás Sánchez e Pablo Campanero) - ED XUVENTUDE DE OROSO 1
BENXAMÍN A 10 (Anxo Español -3-, Ian Lata -2-, Hugo Cancela -2-, Tomás Sánchez e Pablo Campanero) - CF OZA CESURAS 0
BENXAMÍN A 3 (Tomás Sánchez -2- e Hugo Cancela) - SDyR PORTUARIOS 1
Cuartos de final
BENXAMÍN A 3 (Pablo Campanero -2- e Ian Lata) - FC PORTO 3. A penaltis: 3-2
Semifinal
BENXAMÍN A 2 (Pablo Campanero -2-) - VITÓRIA SC 1
Final
BENXAMÍN A 3 (Hugo Cancela, Tomás Sánchez e Pablo Campanero) - RC CELTA 3. A penaltis: 8-7
Domingo 7 de setembro
Fase Oro
URAL ESPAÑOL CF 0 - BENXAMÍN A 3 (Hugo Cancela, Xosé Varela e Ian Latexe)
SDR CANIDO 1 - BENXAMÍN A 2 (Hugo Rey e Pablo Campanero)
ATLÉTICO DE MADRID 0 - BENXAMÍN A 0
Torneo SDCR Narón Freixo en Río Seco (Narón)
Sábado 6 de setembro
Primera Fase
OZA JUVENIL SD 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Jaime Fraga, Milan Songo'o e Álex Martínez)
GALICIA CARANZA 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 8 (Izán Mallón -2-, Jaime Fraga -3-, Tomás Lorenzo, Álex Martínez e Óscar Lijo)
CULTURAL LEONESA 2 - FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Álex Martínez)
Domingo 7 de setembro
Fase Oro
RC CELTA 5 - FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Álex Martínez -2-)
FC PORTO 3 - FABRIL FC BENXAMÍN 0
CD QUIRINAL 1 - FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Álex Martínez e Jaime Fraga)
