RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACCIONISTAS

Resultados da Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria de Accionistas

O Real Club Deportivo de La Coruña, SAD celebrou esta tarde, de maneira presencial en Palexco, e telemática, a súa Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria de Accionistas.

Segundo a lista de accionistas, hoxe asistiron presencial e telemáticamente 42 persoas, accionistas e representantes, representando un total de 583.181 títulos. Delegaron o seu voto igualmente 16 accionistas que representan 3.103 títulos. Concorreron, pois, un total de 58 persoas accionistas, presentes telemática ou presencialmente, representados e delegados, cun total de 586.284 títulos.

Sendo o capital social do Real Club Deportivo de La Coruña, SAD inscrito no Rexistro Mercantil, á data da Xunta de CORENTA E CINCO MILLÓNS, SEISCENTOS CINCUENTA E SETE MIL CATROCENTOS OITENTA E NOVE EUROS CON VINTE CÉNTIMOS (45.657.489,20€) representado por un total de setecentas cincuenta e nove mil seiscentas noventa e dúas accións (759.692) accións de 60,10€ de valor nominal, atopouse presente ou representado nesta Xunta Xeral o 77.174 % do mesmo.

Por existir o quorum suficiente, a Xunta Xeral celebrouse en primeira convocatoria cos seguintes resultados nos puntos da Orde do Día:

Primeiro.- Informe do Presidente ás persoas accionistas, relativo á evolución e situación do Real Club Deportivo da Coruña, SAD e as súas Sociedades Dependentes.

Punto informativo

Segundo.- Exame e, no seu caso, aprobación dos seguintes puntos relativos ao exercicio social pechado a 30 de xuño de 2022:

2.1. Exame e, no seu caso, aprobación das Contas Anuais Individuais.

A favor: 586.089 (99,967%)
En contra: 24 (0,004%)
Abstencións: 171 (0,029%)

2.2. Exame e, no seu caso, aprobación da xestión social realizada polo Consello de Administración.

A favor: 586.073 (99,964%)
En contra: 28 (0,005%)
Abstencións: 183 (0,031%)

2.3. Exame e, no seu caso, aprobación da proposta de aplicación do resultado do exercicio pechado a 30 de xuño de 2021.

A favor: 586.079 (99,965%)
En contra: 22 (0,004%)
Abstencións: 183 (0,031%)

Terceiro.- Exame e aprobación do orzamento correspondente á temporada futbolística 2022-2023, relativo ao exercicio económico comprendido entre o 1 de xullo de 2022 e, no seu caso, o 30 de xuño de 2023.

A favor: 586.071 (99,964%)
En contra: 22 (0,004%)
Abstencións: 191 (0,033%)

Cuarto.- Aprobación, no seu caso, da prórroga, polo prazo dun ano, e sucesivos prazos anuais se iso fose necesario, dos préstamos participativos convertibles xa subscritos, así como a formalización daqueloutros, dentro do límite autorizado, de até 12 millóns de euros (12.000.000.-€), na Xunta Xeral da Sociedade celebrada o 22 de decembro de 2021; e apoderamiento ao Consello de Administración para, no seu caso, a extensión ou prórroga, ampliación e/ou negociación dos mesmos con ABANCA.”

A favor: 586.069 (99,963%)
En contra: 22 (0,004%)
Abstencións: 193 (0,033%)

Quinto.- Modificación dos Estatutos Sociais para incluír melloras en materia de carácter técnico. Aprobación da modificación do artigo 18: Reunións das Xuntas, ao obxecto de engadir a posibilidade de asistencia ás Xuntas por medios telemáticos exclusivamente.

A favor: 586.077 (99,965%)
En contra: 41 (0,007%)
Abstencións: 166 (0,028%)

Sexto.- Nomeamento como conselleiro da entidade do actual Secretario non conselleiro, que pasará a ser Secretario-conselleiro do Consello de Administración.

A favor: 586.057 (99,961%)
En contra: 26 (0,004%)
Abstencións: 201 (0,034%)

Sétimo.- Rogos e preguntas.

Punto informativo

Oitavo.- Delegación de facultades para a execución e formalización dos acordos adoptados.

A favor: 586.112 (99,971%)
En contra: 24 (0,004%)
Abstencións: 148 (0,025%)