RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

Resultados das votacións da Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria de Accionistas

Esta tarde celebrouse, en primeira convocatoria, a Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria de Accionistas do Real Club Deportivo. A Xunta Xeral quedou configurada coa participación, presencial ou telemática, de 51 accionistas, e 2 máis que delegaron o seu voto, para un total de 583.004 accións (76,742 % do Capital Social).

Tralo informe do presidente aos accionistas, repasando toda a actividade social do pasado exercicio, a presentación do resto dos puntos, as alocucións do Director de Planificación, Administración e Finanzas Paulo Dinis de Brito, a intervención de 5 accionistas e os seus representantes e as respostas de Álvaro García Diéguez, os resultados das votacións foron os seguintes:

Segundo.- Exame e, no seu caso, aprobación dos seguintes puntos relativos ao exercicio social pechado a 30 de xuño de 2023:

2.1. Exame e, no seu caso, aprobación das Contas Anuais Individuais.

Si: 582.695 (99,947 %)
Non: 102 (0,017 %)
Abs: 207 (0,036%)

2.2. Exame e, no seu caso, aprobación da xestión social realizada polo Consello de Administración. 

Si: 582.685 (99,945 %)
Non: 192 (0,033 %)
Abs: 127 (0,022 %)

2.3. Exame e, no seu caso, aprobación da proposta de aplicación do resultado do exercicio pechado a 30 de xuño de 2023.

Si: 582.664 (99,942 %)
Non: 184 (0,032 %)
Abs: 156 (0,027 %)

Terceiro.- Exame e aprobación do orzamento correspondente á temporada futbolística 2023-2024, relativo ao exercicio económico comprendido entre o 1 de xullo de 2023 e, no seu caso, o 30 de xuño de 2024.

Si: 582.660 (99,941 %)
Non: 237 (0,041 %)
Abs: 107 (0,018 %)

Cuarto.- Aprobación, no seu caso, da novación do prazo até 31 de decembro de 2025 e sucesivos prazos anuais se iso fose necesario, dos préstamos participativos convertibles xa subscritos, dentro do límite autorizado, de até 12 millóns de euros (12.000.000 €), na Xunta Xeral da Sociedade celebrada o 23 de decembro de 2021; e apoderamento ao Consello de Administración para que, no seu caso, coas máis amplas facultades poida acordar a súa extensión ou prórroga, ampliación e/ou negociación dos mesmos con ABANCA.

Si: 582.758 (99,958 %)
Non: 102 (0,017 %)
Abs: 144 (0,025 %)

Quinto.- Ratificación, aprobación e formalización, no seu caso, de operacións de financiamento dun ou varios préstamos participativos convertibles por importe de até 11,7 millóns de Euros (11.700.000 €) para cubrir as necesidades de tesouraría, conforme ao orzamento do exercicio 2023-2024; e apoderamiento ao Consello de Administración para, no seu caso, a extensión ou prórroga, ampliación e/ou negociación dos mesmos con ABANCA.

Si: 582.718 (99,951 %)
Non: 100 (0,017 %)
Abs: 186 (0,032 %)

Sexto.- Modificación do Convenio do Concurso de Acredores. Autorización, aprobación e formalización, no seu caso, de operacións de financiamento dun ou varios préstamos participativos convertibles por importe de até 17 millóns de euros (17.000.000 €) para facer fronte aos pagos que poidan devengarse como consecuencia da modificación do convenio co obxectivo da saída definitiva do Club da actual situación de concurso de acredores. Así mesmo, apoderamento ao Consello de Administración para, no seu caso, a extensión ou prórroga, ampliación e/ou negociación dos mesmos con ABANCA. 

Si: 582.721 (99,951 %)
Non: 173 (0,030 %)
Abs: 110 (0,019 %)

Sétimo.- Nomeamento de auditores de Contas do Grupo que conforman o Real Club Deportivo de La Coruña, SAD e as súas Sociedades dependentes para os exercicios 23/24, 24/25 e 25/26.

Si: 582.673 (99,943 %)
Non: 95 (0,016 %)
Abs: 236 (0,040 %)

Noveno.- Delegación de facultades para a execución e formalización dos acordos adoptados.

Si: 582.712 (99,950 %)
Non: 83 (0,014 %)
Abs: 209 (0,036 %)