RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

O RC Deportivo Business Club pecha a súa primeira temporada cunha xornada de 'networking' en Golf Xaz

O RC Deportivo Business Club celebrou onte o último encontro da súa primeira temporada nas instalacións de Golf Xaz, onde unha trintena de empresarios membros do club participaron nunha xornada de golf e croquet que concluíu cun cóctel.

Durante o evento, o Conselleiro Delegado do RC Deportivo, Massimo Benassi, e o Director de Negocio, Paulo Dinis, destacaron a consolidación desta rede empresarial impulsada polo club, agradecendo especialmente a implicación e o compromiso das empresas participantes ao longo da temporada.

Este encontro puxo o broche final a unha primeira edición marcada por múltiples actividades orientadas ao fomento de relacións profesionais entre empresarios, como a 'Watch Party' no estadio ABANCA-RIAZOR, sesións de 'networking' no histórico Cinema Avenida, unha viaxe de intercambio co RSG Business Club e outras experiencias deportivas e lúdicas.

Con esta sólida base, o RC Deportivo Business Club anuncia unha segunda edición cargada de novas iniciativas e actividades deseñadas para seguir xerando sinerxías, oportunidades de colaboración e conexións estratéxicas entre o tecido empresarial galego e nacional.