RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados dos partidos oficiais, co Orzán SD Cadete Femenino subcampión galego

Concluíu hoxe sábado a última semana de partidos oficiais en ANOSACANTEIRA.

O Orzán SD Cadete Femenino disputou o título da Liga Galega ante o UD Mos nunha final celebrada no campo das Corticeiras de Caldas.

Os orzanistas, campioas do grupo 1º, eliminaron en cuartos de final ao Lóstrego CF (5-0) e en semifinais ao CD Valladares (3-1).

Pola súa banda, o UD Mos, campión do grupo 2º, apeou en cuartos ao SD O Val (8-0) e en semifinais ao Victoria CF (2-1).

Gañaron o encontro decisivo as pontevedresas (0-1) cun gol no minuto 74, case sen tempo de reacción para o Orzán SD Cadete Femenino, finalmente subcampión galego. 

O outro protagonista foi o Dépor ABANCA Xuvenil, que participou na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid) no primeiro Torneo Xuvenil Feminino co FC Barcelona e o Madrid CFF como rivais na Primera Fase.

Na primeira xornada, as branquiazuis superaron ao Madrid CFF (1-3) con tantos de Laura Otero -2- e Lucía Rivas; e onte caeron (1-2) co FC Barcelona. Elena Vázquez, de falta, foi a autora do único tanto branquiazul.

O conxunto de Óscar Orro non puido acceder ás semifinais ao sumar 3 puntos nesta Primera Fase por 6 puntos do FC Barcelona e 0 puntos do Madrid CFF.

Os resultados foron os seguintes:

Categoría feminina
Torneo Xuvenil Feminino, na Ciudad del Fútbol
MADRID CFF 1 - DEPORTIVO ABANCA XUVENIL 3 (Laura Otero -2- e Lucía Rivas)
DEPORTIVO ABANCA XUVENIL 1 (Elena Vázquez) - FC BARCELONA 2

Liga Galega cadete, final: ORZÁN SD CADETE FEMININO 0 - UD MOS 1