Recta final das competicións en ANOSACANTEIRA e tamén dos adestramentos, posto que o Fabril (na foto da noticia) comezou as súas vacacións co obxectivo da permanencia en Segunda Federación conseguido.
Hoxe domingo 2 de xuño xogouse un único encontro. O Orzán SD Infantil A Femenino venceu (3-0) ao CD Valladares nos cuartos de final da Liga Galega.
As orzanistas accederon a esta Fase Final como segundas no grupo 1º e as viguesas, como terceiras no grupo 2º.
Onte sábado 1 de xuño disputáronse outros 2 partidos.
O Orzán SD Cadete Femenino goleou na Torre (5-0) ao Lóstrego CF nos cuartos de final da Liga Galega e xa está en semifinais.
As orzanistas foron campioas do grupo 1º mentres que o conxunto pontevedrés acabou en 4ª posición do grupo 2º.
No outro partido o San Tirso SD Cadete concluíu a División de Honra co obxectivo cumprido. O seu rival no Monte foi o Racing de Ferrol (0-5).
O vestiario dos 'verdes' celebra ademais a convocatoria do coruñés Mauro Valeiro para a selección española sub-15, con motivo de dous partidos amigables en Suíza o martes 4 e o xoves 6 de xuño.
Ademais no campo de Burgáns (Cambados) o Benxamín A proclamouse campión galego de fútbol 8 ao derrotar (6-2) ao RC Celta na gran final polo título.
Os branquiazuis eliminaron en semifinais ao CD Soutomaior.
O Alevín A, apeado polos celestes en semifinais, logrou a medalla de bronce.
A xornada da semana abriuna o pasado xoves en Meis o Cadete, xa campión hai varias semanas. O conxunto branquiazul, sen tensión competitiva, caeu (3-1) ante o Arosa SC.
Os resultados da fin de semana foron os seguintes:
Categoría feminina
Copa da Coruña, semifinais (martes 28): BERGANTIÑOS CF 2 - ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO 2 (Noe Gómez -2-). A penaltis: 4-3
Liga Galega cadete, cuartos de final: ORZÁN SD CADETE FEMENINO 5 (Alexia Freire, Daniela Macedo -2- e dous futbolistas rivais en propia meta) - LÓSTREGO CF 0
Liga Galega infantil, cuartos de final: ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO 3 (Bianca Ventureira, Marta Moreno e Naiara Fontenla) - CD VALLADARES 0
Categoría cadete
División de Honra, 34ª xornada (última, xoves 31): AROSA SC 3 - CADETE 1 (Lucas)
División de Honra, 34ª xornada (última): SAN TIRSO SD CADETE 0 - RACING DE FERROL 5
Categoría alevín
Fase Final do Campionato Galego de fútbol 8 no campo de Burgáns (Cambados)
Sábado 1 de xuño
Semifinais
CELTA 3 - ALEVÍN A 2 (Álvaro Gómez e Nacho Villanueva)
Terceiro e cuarto posto
ALEVÍN A 6 (Álvaro Gómez -2-, Hugo Macedo, Rui Caamaño e Manu Sande) - SADA CF 2
Categoría benxamín
Fase Final do Campionato Galego de fútbol 8 no campo de Burgáns (Cambados)
Sábado 1 de xuño
Semifinais
BENXAMÍN A 6 (Alberto Novo -3-, Leo Lorenzo e Antón Fernández) - CD SOUTOMAIOR 0
Final
BENXAMÍN A 6 (Mateo Songo'o -3-, Leo Lorenzo -2- e Yago Prieto) - RC CELTA 2
