A atención da fin de semana en ANOSACANTEIRA estivo centrada nos partidos do Fabril en Laredo e do Xuvenil A en Abegondo, ambos o domingo 27.
O filial goleou por 1-5 ao equipo cántabro en partido correspondente á 33ª xornada (penúltima) en Segunda Federación.
Con este resultado, o conxunto de Manuel Pablo volve a posicións de play off: suma 51 puntos por 49 do UP Langreo e 48 do Rayo Cantabria.
Toca certificar a clasificación o vindeiro domingo 4 de maio ás 12:00 (YouTube RC Deportivo) nunha última xornada ante outro equipo descendido, a RS Gimnástica de Torrelavega.
En Abegondo, o Xuvenil A goleou por 5-2 ao Real Oviedo na loita polo título da División de Honra co RC Celta.
Con só un partido por diante, os branquiazuis avantaxan en 3 puntos aos célticos, que á mesma hora empataron co CD Choco.
Así pois, para ser campións, aos de Miguel Figueira élles suficiente cun empate en Nigrán ante o ED Val Miñor ou mesmo unha derrota a condición de que o Celta non gañe o seu partido na Madroa ante o CD Covadonga.
Completou a xornada dominical a derrota do Xuvenil B en Lugo que lle custou o liderado da Liga Nacional e a do San Tirso SD Infantil ante o ED Val Miñor Nigrán no Monte (0-2); e o triunfo do Alevín A ante o Betanzos CF na Torre (5-0) co que logra o pase á Fase Intermedia do Campionato Galego como campión do grupo A.
Antes, onte sábado 26 de abril venceu o Cadete en Vigo ao Coruxo FC (1-2) e o Infantil en Santiago ao CD Conxo Santiago (0-2).
Tivo descanso ligueiro o San Tirso SD Cadete posto que xa xogou o pasado 15 de abril o seu partido ante o CD Conxo Santiago; o Fabril FC Alevín no Torneo Delegación; e os dous equipos benxamíns, á espera da Fase Intermedia do Campionato Galego.
O vestiario dos 'verdes' está de parabén posto que Raúl Lema foi convocado de novo pola selección española sub-16 para disputar dous amigables ante Escocia na Ciudad del Fútbol o 29 de abril e 1 de maio.
O calendario desta semana en ANOSACANTEIRA abriuno o pasado mércores o Alevín, que derrotou por 3-5 ao CD Calasanz na 7ª xornada no grupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.
Con este marcador, os branquiazuis alcanzan o liderado do grupo con 19 puntos por 17 do CD Lugo, 2º clasificado.
Os resultados da fin de semana foron os seguintes:
Segunda Federación
33ª xornada: CD LAREDO 1 - FABRIL 5 (Mane -2-, Bil, Alvaro e Kevin Sánchez)
Categoría xuvenil
División de Honra 29ª xornada: XUVENIL A 5 (Héctor, Álvaro -2-, Rubén e José Rey) - REAL OVIEDO 2
Liga Nacional, 29ª xornada: CD LUGO 1 - XUVENIL B 0
Categoría cadete
División de Honra, 27ª xornada: CORUXO FC 1 - CADETE 2 (Ander e Elías Trigo)
Categoría infantil
División de Honra, 25ª xornada: CD CONXO SANTIAGO 0 - INFANTIL 2 (Leo Sánchez e Javi Barral)
División de Honra, 25ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 0 - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 2
Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte, 7ª xornada: CD CALASANZ 3 - ALEVÍN 5 (Alejandro Astray, Xiao Fontao, Hugo Álvarez, Lucas Albor e Sergio Fernández)
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte, 8ª xornada: ALEVÍN - ED LUÍS CALVO SANZ, o martes 29 de abril ás 19:15 en Abegondo (campo de céspede artificial)
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 5ª xornada: ALEVÍN A 5 (Nacho Villanueva -2-, Lucas Albor, Miguel Candal e Alejandro Astray) - BETANZOS CF 0
Categoría benxamín
Amigable: OLÍMPICO DE RUTIS 2 - BENXAMÍN A 4 (David Santiago -2-, Leo Galbán e Pablo Couso)